Alfonso Sastre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso Sastre
Datos persoais
Nacemento20 de febreiro de 1926
 Madrid
Falecemento17 de setembro de 2021
 Hondarribia
OrganizaciónIniciativa Internacionalista
Partido Comunista de España
CónxuxeEva Forest
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
ProfesiónDramaturgo, ensaísta, filósofo
Na rede
http://www.sastre-forest.com/
IMDB: nm0766042 Bitraga: 737 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Sastre Salvador, nado en Madrid o 20 de febreiro de 1926 e finado en Hondarribia o 17 de setembro de 2021,[1] foi un ensaísta, dramaturgo, guionista, filósofo e político español. Tratouse dun dos principais expoñentes da chamada Xeración dos cincuenta en España. Cómpre salientar a forte carga social do conxunto da súa obra, con constantes como a explotación do home, a loita de clases ou o concepto de liberdade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O impacto que nel tivo a guerra civil española quedou reflectido na súa abundante obra, en especial as súas referencias á fame e ao terror, causado polos bombardeos[2]. Tras principiar a carreira de enxeñaría, axiña mudouna polo teatro, fundando en 1945, xunto con algúns amigos o grupo Arte Nuevo, que se propuña renovar a escena teatral española.[1] Máis tarde estudou Filosofía e Letras, comezando en Madrid e licenciándose en Murcia.

En 1950 redactou o Manifesto do T.A.S., publicado na revista La Hora, onde se falaba da función social da arte, considerando esta faceta máis importante có propio valor artístico da obra. Non obstante, estas proclamas foron freadas reiteradamente pola censura franquista, que podou seguido as súas obras e censurou varias das obras en cartel do autor.[3]. Aprécianse influencias ideolóxicas de Karl Marx, Jean Paul Sartre e Bertolt Brecht, sendo a estrutura teatral do dramaturgo alemán paralela á pretendida por Sastre[4].

Nas últimas décadas da súa vida viviu no País Vasco, onde colaborou con diversas organizacións da esquerda abertzale. En 2009 encabezou a lista de Iniciativa Internacionalista ás Eleccións ao Parlamento Europeo.

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Uranio 235 (1946), drama.
  • Cargamento de sueños (1949), drama.
  • Prólogo patético (1950), drama.
  • El cubo de la basura (1951), drama.
  • Escuadra hacia la muerte, (1953), drama.
  • El pan de todos (1953), drama.
  • La mordaza, 1954, drama.
  • Tierra roja, (1954) drama.
  • Ana Kleiber, (1955), drama.
  • La sangre de Dios, 1955, drama.
  • Muerte en el barrio (1955), drama.
  • Guillermo Tell tiene los ojos tristes, (1955), drama.
  • El cuervo (1956), drama
  • Asalto nocturno, (1959), drama.
  • En la red, (1959), drama.
  • La cornada, 1959, drama.
  • Oficio de tinieblas, (1962).
  • El circulito de tiza o Historia de una muñeca abandonada (1962).
  • M.S.V. o La sangre y la ceniza (1965), drama
  • El banquete (1965), drama
  • La taberna fantástica, (1966), drama.
  • Crónicas romanas, (1968), drama.
  • Melodrama, (1969).
  • Ejercicios de terror, (1970), drama.
  • Askatasuna, (1971), drama.
  • Las cintas magnéticas, (1971), drama.
  • El camarada oscuro (1972), drama.
  • Ahola no es de leíl (1974), drama.
  • Tragedia fantástica de la gitana Celestina, (1978).
  • Análisis de un comando, (1978).
  • El hijo único de Guillermo Tell (1980).
  • Aventura en Euskadi (1982).
  • Los hombres y sus sombras (1983).
  • Jenofa Juncal (1983).
  • El viaje infinito de Sancho Panza (1984).
  • El cuento de la reforma (1984).
  • Los últimos días de Emmanuel Kant (1985).
  • La columna infame (1986).
  • Revelaciones inesperadas sobre Moisés (1988).
  • Demasiado tarde para Filoctetes (1989).
  • Drama titulado A (1990).
  • Teoría de las catástrofes (1993).
  • Lluvia de ángeles sobre París (1994).
  • Los crímenes extraños (1996).
  • Alfonso Sastre se suicida (1997).
  • Drama titulado No (2001).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Drama y sociedad, Madrid, Taurus, 1956.
  • Anatomía del realismo, Barcelona, Seix Barral, 1965.
  • La revolución y la crítica de la cultura, Barcelona, Grijalbo, 1970.
  • Crítica de la imaginación, Barcelona, Grijalbo 1978.
  • Lumpen, marginación y jerigonça, Madrid, Legasa, 1980.
  • Escrito en Euskadi, Madrid, Revolución, 1982
  • Prolegómenos a un teatro del porvenir, Bilbao, Hiru, 1992.
  • ¿Dónde estoy yo? Hondarribia, Hiru, 1994.
  • El drama y sus lenguajes I, Hondarribia, Hiru, 2000.
  • Las dialécticas de lo imaginario (2000).
  • El drama y sus lenguajes II, Hondarribia, Hiru 2001.
  • Los Intelectuales y la Utopía, Madrid, Debate, 2002.
  • Ensayo sobre lo cómico, Hondarribia, Hiru, 2002.
  • Limbus o los títulos de la Nada, Hondarribia, Hiru, 2002.
  • La batalla de los intelectuales, Cuba, 2003.
  • Manifiesto contra el pensamiento débil, Hondarribia, Hiru, 2003.
  • Cuatro dramas en la brecha. A Habana, Ed. Alarcos (2003).
  • El retorno de los intelectuales (coautor), Hondarribia, Ed. Hiru, 2004.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El Paralelo 38, Madrid, Horizonte, 1964.
  • Las noches lúgubres, Madrid, Alfaguara, 1963.
  • Flores rojas para Miguel Servet, Madrid, Ribadeneyra, 1967.
  • El lugar del crimen, Barcelona, Argos Vergara, 1982.
  • Necrópolis, Madrid, Grupo Libro 88, 1994.
  • Histórias de Califórnia[5] (Historias de California), Hondarribia, Hiru, 1996.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Balada de la cárcel de Carabanchel y otros poemas celulares, París, Ruedo Ibérico, 1976.
  • El Evangelio de Drácula, Camp de l'Arpa, 1976.
  • El español al alcance de todos, Madrid, Sensemayá Chororó, 1978.
  • T.B.O., Madrid, Zero-Zyx, 1978.
  • Vida del hombre invisible contada por él mismo, Madrid, Endimyón, 1994.
  • Antologado en Poesía y realidad. Moguer, Fundación Juan Ramón Jiménez, 2003.
  • Obra lírica y doméstica. Poemas completos. Hondarribia, Ed. Hiru, 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Redacción (17 de setembro de 2021). "Muere a los 95 años el dramaturgo Alfonso Sastre, principal exponente de la Generación del 50". eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  2. Farris Anderson, Introducción a Escuadra hacia la muerte. Castalia, 1975, páxina 12
  3. Algúns exemplos: Escuadra hacia la muerte (1953), Prólogo patético (1954) ou El pan de todos (1954)
  4. El banquete, Crónicas romanas ou El camarada oscuro.
  5. Traducido nunha versión lusista por Elvira Souto e publicada por Laiovento en 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]