Olympiacos BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Olympiakos Piraeus BC")
Olympiacos B.C.
OlympiacosEuropeanBanners (2).png
Información xeral
Nome Olympiacos Piraeus B.C.
ΚΑΕ Ολυμπιακός Σ.Φ.Π.
Liga A1 Ethniki / Euroliga
Alcume Thrylos (Lenda)
Kokkini (Vermellos)
Erythrolefki (Branco-vermellos)
Fundación 1931
Cores           Vermello e branco
Presidente Grecia Panagiotis Angelopoulos
Adestrador Grecia Giannis Sfairopoulos
Patrocinador Skratch
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Grecia O Pireo
Pavillón Estadio da Paz e a Amizade
Capacidade 11.554
Inauguración 16 de febreiro de 1985
Campionatos
Euroliga 3 (1997, 2012, 2013)
Triple coroa 1 (1997)
Liga 11 (1949, 1960, 1976, 1978, 1993–1997, 2012, 2015)
Copa 9 (1976–1978, 1980, 1994, 1997, 2002, 2010, 2011)
olympiacosbc.gr

O Olympiacos B.C. (en grego Κ.Α.Ε. Ολυμπιακός), tamén coñecido como Olympiacos ou Olympiacos do Pireo, é un equipo de baloncesto grego con base no Pireo, que xoga as competicións da A1 Ethniki e a Euroliga. Foi fundado en 1931, e é un dos equipos con máis tradición da Europa. É propiedade dos multimillonarios irmáns Panagiotis e Giorgos Angelopoulos. É a sección de baloncesto do equipo Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs. Foi elixido pola FIBA coma o Equipo da Década dos '90.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio da Paz e a Amizade.

O Olympiakos disputa os seus partidos no Estadio da Paz e a Amizade (en grego: Στάδιο Ειρήνης και Φιλίας), un pavillón situado na localidade de Falero, no Pireo, Atenas. Está situado xusto en fronte do Estadio Georgios Karaiskakis, onde disputa os seus partidos de fútbol o Olympiakos FC. O pavillón construíuse en 1985, usándoo o Olympiakos dende 1991. Ten unha capacidade para 14940 espectadores, aínda que para os partidos de baloncesto redúcese a 12171. Foi a sede do Campionato de Europa de 1987 e do Campionato Mundial de Baloncesto de 1998.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]