Boulazac Basket Dordogne
| Boulazac Basket Dordogne | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | Pro A |
| Alcume | BBD |
| Fundación | 1992 |
| Historia | Olympique d'Antibes (1933–2012) |
| Cores | Azul, ouro, branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Le Palio |
| Capacidade | 5.200 |
| Inauguración | 6 de setembro de 2008 |
| boulazac-basket-dordogne.com | |
O Boulazac Basket Dordogne (BBD) é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Boulazac (Dordoña, Nova Aquitania). O equipo compite actualmente na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Fundado en 1992, o seu pavillón como local é o Le Palio, con capacidade para 5.200 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes do club están en Périgueux, onde levaba o nome de US périgourdine. A construción en 1992 dun pavillón con capacidade para 2.000 espectadores, levou aos dirixentes da USO a mudarse a Boulazac, suburbio da propia Périgueux. No ano 2003 o club consegue gañar a NM2 (4ª división) e en 2005 a NM1 (3ª diviaión), conseguindo o ascenso ao baloncesto profesional. Após sete temporadas na Pro B, o club consegue o seu maior éxito ao ascender á Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, tras obter a segunda posición despois do Limoges CSP. O seu primeiro ano na máxima categoría non resultou ben, xa que o equipo acaba en décimo quinto lugar descendendo de novo á Pro B. Despois de catro temporadas na segunda división, o equipo consegue regresar á elite no ano 2017. Nesa temporada o equipo acaba en cuarto lugar na liga regular, mais nos play-offs consegue o ascenso despois de eliminar ao Le Havre, ao Évreux e ao Nantes.[1] Na temporada 2017−18, o equipo finaliza en postos de descenso, con todo, debido ao non ascenso do ADA Blois debido a motivo administrativos, o equipo conservou a categoría.[2]
Ano a ano
[editar | editar a fonte]| Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Outras competicións | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2008–09 | 2 | Pro B | 14º | |||
| 2009–10 | 2 | Pro B | 11º | Rolda de 64 | ||
| 2010–11 | 2 | Pro B | 12º | Rolda de 64 | ||
| 2011–12 | 2 | Pro B | 2º | Cuartos de final | ||
| 2012–13 | 1 | Pro A | 15º | Rolda de 32 | ||
| 2013–14 | 2 | Pro B | 12º | Rolda de 16 | ||
| 2014–15 | 2 | Pro B | 3º | Rolda de 32 | ||
| 2015–16 | 2 | Pro B | 4º | Rolda de 32 | Pro B Leaders Cup | |
| 2016–17 | 2 | Pro B | 2º | Rolda de 64 | ||
| 2017–18 | 1 | Pro A | 17º | Subcampión | ||
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (3): 1970, 1991, 1995
- Campións (1): 2013
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boulazac remonte dans l'élite en battant Nantes". L'Équipe (en francés). 18 de xuño de 2017.
- ↑ "Communiqué de l’ADA Blois Basket 41 – Non engagement en jeep elite". ada-basket.com (en francés). 18 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do Antibes Sharks (en francés)