Aleksei Nikolaevich Tolstoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksei Nikolaevich Tolstoi
ANTolstoy.jpg
Nacemento10 de xaneiro de 1883
Lugar de nacementoPugachyov
Falecemento23 de febreiro de 1945
Lugar de falecementoMoscova
Causacancro
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso, República Russa, Francia e Unión Soviética
Alma máterSaint Petersburg State Institute of Technology
Ocupacióndramaturgo, escritor, poeta, novelista, escritor de literatura infantil, guionista, escritor de ciencia ficción e político
PaiNikolay Tolstoy
NaiAlexandra Bostrom
CónxuxeNatalia Vasilyenva Krandievskaya
FillosNikita A. Tolstoy e Dmitry Tolstoy
Coñecido porThe Golden Key, or the Adventures of Buratino
PremiosPremio Stalin, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Insignia de Honra e Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945"
Na rede
IMDB: nm0866238 IBDB: 69452
Musicbrainz: 679a4c16-4b08-4b19-a5f1-9734c438851a IMSLP: Category:Tolstoy,_Aleksey_Nikolayevich Find a Grave: 10504216 Editar o valor em Wikidata
Aleksey Nikolaevich Tolstoy Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Aleksei Nikolaevich Tolstoi (en ruso: Алексей Николаевич Толстой), nado en Pugachov o 10 de xaneiro de 1883 e finado en Moscova o 23 de febreiro de 1945, tamén chamado Camarada Conde, foi un escritor ruso soviético autor de escritos de moitos xéneros, aínda que especializado na ficción científica e nas novelas históricas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia nobre, naceu en Pugachov. Aleksei era fillo do conde Nikolai Aleksandrovich Tolstoi (1849–1900) e de Aleksandra Leontievna Turgeneva (1854–1906). A súa nai era sobriña neta do decembrista Nikolai Turgenev e parente do destacado escritor Ivan Turgenev. O seu pai pertencía á familia Tolstoi e era parente remoto de Lev Tolstoi.

Cursou o ensino secundario en Samara e os estudos superiores no Instituto Tecnolóxico de San Petersburgo. Ao terminar a carreira dedicouse á literatura e nun principio cultivou a poesía de tendencia simbolista. Posteriormente afastouse dela. Destacou como prosista, sobre todo cos seus relatos do ciclo A rexión do Volga (1910-1911), para os que tomou como modelos literarios a Turgenev, a Tolstoi e a Gogol. Entre 1914 e 1916 foi correspondente de guerra.

Hostil á Revolución de Outubro, en 1918 emigrou, mais en 1923 rectificou a súa posición e volveu ao seu país. Escribiu Детство Никиты ("A infancia de Nikita"), novela autobiográfica; a triloxía Хождение по мукам (1920-1941); novelas de ficción científica como Aelita e Гиперболоид инженера Гарина ("O hiperboloide do enxeñeiro Garin"); relatos sobre o paso da guerra á vida civil como Гадюка ("A víbora"); o drama Иван Грозный ("Iván o Terrible") e a súa gran novela histórica (da que a terceira parte quedou sen rematar) Пётр I ("Pedro I"), en que estivo traballando dezaseis anos, de 1919 a 1935.

Durante a segunda guerra mundial, serviu na Comisión Extraordinaria do Estado de 1942-1947 que "verificou sen dúbida razoable" o exterminio en masa de xente nas cámaras de gas polos ocupantes alemáns. Durante os xuízos de Nürnberg, os fiscais soviéticos recoñeceron o seu traballo na investigación das atrocidades cometidas na rexión de Stavropol.

Académico dende 1939, foi laureado con diversos e importantes premios.

Legado[editar | editar a fonte]

Tolstoi está recoñecido por producido algúns dos primeiros exemplos de ficción científica en ruso. As súas novelas Aelita (1923) sobre unha viaxe a Marte e Гиперболоид инженера Гарина (1927) tiveron unha inmensa popularidade entre o público. A primeira foi adaptada nun filme pioneiro na ficción científico en 1924. O seu relato sobrenatural Conde Cagliostro, inspirou o filme de 1984 Formula lyubvi.

En 1974, un planetoide descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Zhuravlyova foi nomeado 3771 Alexejtolstoj na súa honra.[1]

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Tolstói nun selo ruso

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Чудаки, 1910
  • Хромой барин, 1912
  • Aelita, 1923
  • Похождения Невзорова или Ибикус, 1924
  • Гиперболоид инженера Гарина, 1927
  • Эмигранты, 1931
  • Хождение по мукам, 1922-1941, triloxía
  • Пётр I, 1945

Novelas curtas[editar | editar a fonte]

  • Детство Никиты, 1922
  • Гадюка, 1928
  • Русский характер, 1944
  • Иван Грозный, 1942-1943

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schmadel, Lutz D. (2003). Dictionary of Minor Planet Names (5.ª ed.). Nova York: Springer Verlag. p. 319. ISBN 3-540-00238-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]