Saltar ao contido

Aeroporto de Jönköping

Aeroporto de Jönköping
Jönköping flygplats

IATA: JKG – ICAO: ESGJ
Sumario
Tipo público
Operador Jönköping Airport AB
Cidade/Illa Jönköping
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 2 203 7 250 asfalto
11/29 600 2 000 herba
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 112 506

O aeroporto de Jönköping (IATA: JKG, ICAO: ESGJ), tamén chamado aeroporto de Axamo, é un aeroporto sueco situado a uns 8 km da cidade de Jönköping. No ano 2016 pasaron polas súa instalacións un total de 112 506 pasaxeiros.[1]

O aeroporto inaugurouse no ano 1961 e foi de propiedade do estado ata decembro de 2009. Dende entón o seu dono é a cidade de Jönköping.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]

A día de hoxe o aeroporto ofrece dúas rutas regulares durante todo o ano a Estocolmo e Frankfurt, ademais dunha estacional a Visby. Ten tamén varios voos chárter, todos eles organizados por Quality Travel, TUI ou Ving, coas excepción dos voos chárter de Germania.

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Chania[2]
Air Europa Chárter estacional: Palma de Mallorca
BMI Regional Frankfurt, Karlstad
BRA Braathens Regional Airlines Chárter estacional: Xirona, Split
Germania Chárter estacional: Düsseldorf
Jet Time Chárter estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur
NextJet Estocolmo-Arlanda
Estacional: Visby
Small Planet Airlines Chárter estacional: Lárnaca
SmartLynx Airlines Chárter estacional: Xirona
Thomas Cook Airlines Scandinavia Chárter estacional: Rodas[2]
TUIfly Nordic Chárter estacional: Rodas
Aeroliñas Destinos
Airest Billund, Karlsruhe/Baden-Baden
Amapola Flyg Gotemburgo, Estocolmo-Arlanda
ASL Airlines Belgium Bruxelas, Helsinqui
West Air Sweden Oslo-Gardermoen
  1. Transport Styrelsen (ed.). "Estadísticas 2016". Consultado o 1 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Jönköping Airport (ed.). "Flygbolag och researrangörer". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2017.