Saltar ao contido

Jet Time

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Jet Time
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
2006 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Rúa
 Enderezo
Amager Strandvej 390-392, 2770 Kastrup Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal2770 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h7qr5 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Jet Time A/S é unha aeroliña danesa que opera voos regulares e chárter. Ten a súa sede en Kastrup, no municipio de Tårnby,[1] e a súa base principal está no aeroporto de Copenhague-Kastrup.

A aeroliña fundouna un grupo de investidores daneses e realizou o seu primeiro voo o 19 de setembro de 2006

Operacións

[editar | editar a fonte]

Jet Time opera voos de pasaxeiros e de carga por toda Europa e chárter alugados para aeroliñas regulares (Air Greenland, Scandinavian Airlines ou Norwegian Air Shuttle entro outras). Tamén realiza chárters VIP para clientes como Volkswagen, Mercedes-Benz, FC Copenhagen, Rosenborg BK ou Malmö FF.

En decembro de 2016 anunciouse que Jet Time e Scandinavian Airlines remataban o seu contrato para operar oito ATR 72-600 a comezos de 2017 xa que SAS quería concentrarse en avións máis grandes.[2] Polo tanto os avións, relativamente novos, foron retirados por Jet Time.

En agosto de 2017 a frota de Jet Time estaba formada polos seguintes avións:

Frota de Jet Time
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-300 3 — 148
Boeing 737-700 4 — 148
Frota de Jet Time Cargo
Boeing 737-400F 3 — Carga
Total 10 —

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Jet Time (ed.). "Contact". Consultado o 5 de setembro de 2017.
  2. ↑ SVD (ed.). "Jettime skär ned – SAS-linjer stängs". Consultado o 10 de novembro de 2017.