Saltar ao contido

Abeto branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abeto branco
Abies alba
Philip Miller 1768 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Silver Fir (en)  
Ялиця біла (uk)  
Пихта белая (ru)  
bela jelka (sl)  
jedľa biela (sk)  
Vanlig Edelgran (nb)  
Jela (sh)  
Europinis kėnis (lt)  
bradul argintiu (ro)  
jodła pospolita (pl)  
Сребрена ела (mk)  
Bredhi i bardhë (sq)  
Gewone Zilverspar (nl)  
ווײַסיאָדלע (yi)  
silver fir (en)  
欧洲冷杉 (zh)  
Јела / Jela (sr)  
شوح أبيض (ar)  
Тӧдьы ньылпу (udm)  
Gewone zilverspar (nl)  
Silvergran (sv)  
Orta Avrupa göknarı (tr)  
欧洲银冷杉 (zh)  
Чочком ньыв (koi)  
Euroopa nulg (et)  
Піхта белая (be)  
Weißtanne (de)  
Abete bianco (it)  
Bijela jela (hr)  
Ghjaddicu (co)  
Abeto blanco (es)  
Avet blanc (ca)  
Weiß-Tanne (de)  
Sapin blanc (fr)  
Sapin pectiné (fr)  
Λευκή ελάτη (el)  
jedle bělokorá (cs)  
Běła jědla (hsb)  
Avropa ağ şamı (az)  
Blanka abio (eo)  
Almindelig Ædelgran (da)  
Saksanpihta (fi)  
Піхта белая (be-tarask)  
Běła jedła (dsb)  
közönséges Jegenyefenyő (hu)  
Abet común (an)  
abetu común (ast)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 ClasePinopsida
 OrdePinales
 FamiliaPinaceae
 XéneroAbies
 EspecieAbies alba Editar o valor en Wikidata
Mill., 1768 Abies alba Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración máxima da vida
   475 a Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/035sr9 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781224132 Editar o valor en Wikidata
UNII62INA9V33X Editar o valor en Wikidata
ITIS506607 Editar o valor en Wikidata
OTT887363 Editar o valor en Wikidata
UICN42270 Editar o valor en Wikidata
CoL8K9Y Editar o valor en Wikidata
EOL1033070 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000510976 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O abeto branco, a pinabeta[1], o abeto prateado ou o abeto común (Abies alba), é unha especie arbórea da familia das pináceas, orixinaria das rexións montañosas de Europa. De porte piramidal, tamaño medio ou elevado, entre 20 e 50 metros, pode acadar os 60 metros de altura, o seu toro é dereito, desprovisto de pólas na súa parte inferior, de até 6 metros de circunferencia, con casca de cinsenta a abrancazada, lisa e con vesículas resinosas; escurécese enchéndose de fendas nos exemplares máis vellos.

En Galicia non aparece de xeito salvaxe, atopándoo só rara vez coma ornamental en arboredos e xardíns urbanos.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha árbore perennifolia, de follas lineais de 1,5 a 3 cm, planas, solitarias, non punzantes, dispostas en dúas fileiras grosas con dúas liñas abrancazadas na parte inferior (característica moi peculiar); xemas non resinosas. As súas pólas dende o chan son case horizontais. Estróbilos erectos entre 10 e 20 cm con escamas tectrices.

Os estróbilos do Abies alba son erectos
Abies alba
As follas solitarias fican dispostas en dúas fileiras grosas
As follas teñen dúas liñas abrancazadas características na face inferior
A casca das árbores vella é de cor cinsenta prateada

Floración

[editar | editar a fonte]

Florea durante a primavera de abril a xuño. Os conos chegan no outono a seguir. As flores divídense en conos femininos (as piñas ou estróbilos) e en conos masculinos (onde se atopa o pole).

Nas abas avesías das montañas, principalmente sobre os solos frescos e fondos, tanto nos ricos coma nos pobres de cal, con óptimo entre os 700 e 1800 metros de altitude, mais acadando con frecuencia os 2000 m. Cómpre dun clima húmido, con seca estival non moi acusada, prexudicándolle moito as xeadas serodias. Asóciase ás formacións de faias e tamén a algúns piñeiros de montaña coma o piñeiro rubio, ou o Pinus radiata.

Distribución

[editar | editar a fonte]

No norte e centro de Europa, e nalgunhas áreas montañosas do sur do continente; na Península Ibérica desenvólvese na zona norte, especialmente nos Pireneos, atopándose as súas masas máis importantes nas provincias de Navarra, Huesca, Lleida, Barcelona e Xirona. Acada o seu límite máis meridional no Montseny e na Serra de Guara.

Non aparece nas montañas galegas por mor á escasa altitude das mesmas. Atopamos algúns exemplares illados nos arboredos e xardíns do país.

Observacións

[editar | editar a fonte]

O nome científico deste abeto, alba, alude sen dúbida á cor abrancazada da súa casca rica en taninos.

Considérase unha especie silvícola. A madeira é branca, lene, pouco resinosa, doada de traballar, e moi empregada na construción, en ebanistaría fina, para a confección de instrumentos musicais coma órganos e na fabricación de papel. A casca é rica en taninos.

A trementina, que se obtén de vexigas corticais, é un líquido de cheiro resinoso e sabor algo agre, que os romanos chamaron lacryma abietis e que gozou de gran sona coma balsámico e vulnerario. Sen tratar coñécese co nome de resina e utilízase para calafetar as naves.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Baseamento da folla non decorrente (pegada limpa ao arrincarmos a folla, eixos das poliñas dondos), inserción do pecíolo circular (e que non sobresae da superficie da poliña, liso). Follas normalmente escotadas no ápice, de sección aplanada, longas, verde escura. Piñas erectas de escamas caedizas e brácteas tectrices das mesmas saíntes.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Ten propiedades semellantes ás dos piñeiros. As xemas son ricas en resina, e as súas esencias principais son o limoneno e o alfa pineno. As follas presentan unha notábel cantidade de esencias, ademais de glicósidos e piceína. A casca é rica en taninos e flobaceno. A resina ademais de ser rica en trementina, ten certa cantidade de ácido abietínico.

  • Por vía interna utilízase como balsámico e pectoral xa que ten propiedades anticatarrais, antigripais e diuréticas. A infusión tómase a razón de catro cuncas diarias.
  • Por vía externa, é cicatrizante e resolutivo se se aplicar sobre feridas e tumores.
  • Por vía externa como fricción, a súa esencia de trementina actúa como remedio contra as dores reumáticas.
  • Utilízase coma desinfectante doméstico. Porén debe utilizarse con tento, xa que a esencia do abeto produce nalgunhas persoas fenómenos alérxicos.[2]
O abeto branco é unha especie moi importante na silvicultura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Nome preferido por Termos esenciais de Botánica da Comisión de Normalización Lingüística da Escola politécnica Superios de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela
  2. Dr.Berdoces i Serra. Enciclopedia de Plantas Medicinales ISBN 84 305 8496-X

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]