Abdome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abdome humano»)
Comparación do abdome nun ser humano e nunha formiga

O abdome[1] é a rexión inferior ou posterior do corpo humano ou animal, e acolle os órganos dos aparatos dixestivo, excretor e reprodutor.

O abdome nos invertebrados[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Abdome (artrópodos).
  • Nos artrópodos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax, e nos máis evolucionados posúe apéndices articulados só no último metámero.
    • Nos crustáceos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax
    • Nos insectos esta rexión do corpo está constituída xeralmente por 11 segmentos semellantes, excepto os terminais.

O abdome nos vertebrados[editar | editar a fonte]

Nos animais vertebrados o abdome, popularmente denominado ventre, é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco. A cavidade abdominal recóbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo. Sitúanse polo tanto no abdome o estómago, os intestinos, o fígado, o bazo, o páncreas, os riles e a vexiga. Nas femias, o abdome contén, tamén, os órganos reprodutores: ovarios e útero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abdome.