Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Ponte.
A Ponte é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres).
O lugar está construído en torno a unha ponte sobre o rego de Lexoso xusto antes de converxer o rego de Arante para formar o río Grande. A base comunal é tanto a ponte como a igrexa de Nosa Señora das Virtudes, datada no 1516 e onde se celebra a romaría das Cruces. Arredor deste lugar en 1809 desenvolveuse a batalla de Arante, no marco da guerra da independencia española.[2]
Detalle do arco de separación central da igrexa.
Neste lugar está o santuario da Nosa Señora das Virtudes.
A ponte vella, destruída na riada de 2010 | A ponte vella, destruída na riada de 2010 |
Fresco conmemorando a fundación en 1516 por Pero Pardo de Aguiar. | Fresco conmemorando a fundación en 1516 por Pero Pardo de Aguiar. |
Vista xeral do interior. | Vista xeral do interior. |
Relato dun milagre atribuído á virxe. | Relato dun milagre atribuído á virxe. |
A Ponte, límite entre as parroquias de Covelas (ó pé da foto), Arante (fondo dereita) e Cedofeita (fondo esquerda). | A Ponte, límite entre as parroquias de Covelas (ó pé da foto), Arante (fondo dereita) e Cedofeita (fondo esquerda). |
|