Santuario da Nosa Señora das Virtudes da Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°29′48″N 7°8′36″O / 43.49667, -7.14333

Igrexa das Virtudes (exterior)
Igrexa das Virtudes (exterior). Detrás dela, a ponte que lle da nome ó lugar, sobre o río Grande

O Santuario da Nosa Señora das Virtudes[1], tamén coñecido como Igrexa das Virtudes ou ermida de Santa María[2], é un templo relixioso situado no lugar da Ponte (Arante, Ribadeo). Arredor da capela celébrase a romaría das Cruces, declarada festa de interese turístico de Galicia. A virxe, coñecida como 'a santiña' pola xente do lugar, ten fama de milagreira xa no mesmo século XVI.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construída como tarde na primeira metade do século XV. Unha inscrición no seu interior dá nota dalgún arranxo ou aumento: en 1516, data na que tiña xa a estrutura actual. O 15 de febreiro de 1543 abriuse un hospital para peregrinos do Camiño de Santiago, pois o Camiño norte pasa á súa beira.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O edificio é dunha soa nave con tellado a dúas augas, arco triunfal oxival e presbiterio. Ten armadura interior de madeira.[3] Posúe tres portas con arco de medio punto.

O altar maior ten un retablo renacentista con dúas imaxes da Nosa Señora das Virtudes de diferente tamaño, e un Santiago Matamouros. a parte superior ten un Cristo crucificado.

No seu interior consérvanse dous frescos con dúas inscricións[2], descubertas en 1970 despois de estaren cubertas con cal.[4] No 2019 espérase unha intervención pois ambas pinturas corren perigo debido as filtracións de humidade polo muro da capela. Unha delas, na parede norte, sobre a súa fundación a comezos do século XVI:

Relato do milagre do salvamento de Domingo de Caranza, atribuído á virxe.
Relato do milagre do salvamento de Domingo de Caranza, atribuído á virxe.
Esta obra mando acer el Senor Pero Pardo de Agiar Senor del Co(...) de San Marugo a su costa (...) icio de Nuestra Senora en el ano de 1516

Mandou facer esta obra o señor Pedro Pardo de Aguiar, señor do Co(...) de San Marugo á súa costa ... [en beneficio] da Nosa Señora no ano de 1516

A outra, de 1606, sobre a parede sur, o relato dun milagre:

Detalle do arco de separación central da igrexa.
Domingo de Caranza i Agiar Capitan (...) Infanteria Espanola (...) estubo nesta sa Iglandenra. S.A. de las Virtudes el ano 1594: Elmso. ano. enbarco pa. Indias: en una nave (...) A.S: Catalina du fue por Capitan el ano sigiente de 95 en l Cavo de. S. Antoni. Le dio una tarecia tormenta de uracan in orte: q: q: brolos dos Arboles Maior i Triquete...

Domingo de Carranza e Aguiar, capitán... infantería española... estivo nesta igrexa de Nosa señora das virtudes o ano de 1594. o mesmo ano embarcou para as indias nunha nave... a Santa Catalina onde foi nomeado capitán o ano seguinte (1595). No cabo de San Antonio deulle ataque unha recia tormenta de furacán e vento do norte que quebrou as dúas árbores, maior e trinquete...

Este fresco é o único mural sobre temas do mar do s. XVII en Galicia.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Fresco conmemorando a fundación en 1516 por Pero Pardo de Aguiar. 
Vista xeral do interior. 
A Ponte, límite entre as parroquias de Covelas (ó pé da foto), Arante (fondo dereita) e Cedofeita (fondo esquerda). 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Santuario da Nosa Señora das Virtudes". Ribadeo Turismo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Piñeiroa Lozano, Emilio. A Nosa Señora das Virtudes de A Ponte. IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. 
  3. www.abertal.com. "Patrimonio cultural e arquitectura relixiosa e civil para ver en Ribadeo.". turismo.ribadeo.gal. Consultado o 2018-12-20. 
  4. 4,0 4,1 "La humedad destruye en Ribadeo un mural del siglo XVII único en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-22. Consultado o 2019-02-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]