As Pereiriñas, Arante, Ribadeo
| As Pereiriñas | |
|---|---|
| Parroquia | Arante |
| Concello | Ribadeo |
| Coordenadas | 43°30′32″N 7°10′47″O / 43.508867820241, -7.1795976243664 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
As Pereiriñas é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.
Toponimia
[editar | editar a fonte]As Pereiriñas é o diminutivo do fitónimo pereira, moi abondoso na toponimia de Galicia e procedente dun derivado adxectival (*arbŏre) pĭrārĭa creado a partir de pĭra, á súa vez plural de pĭrŭm ‘pera’. O galego pereira é común ao portugués e correspóndese co catalán perera, mentres que o asturiano e o castelán presentan un derivado peral cunha presenza residual na toponimia galega.[1] No caso das Pereiriñas non parece probábel pensar nunha variante fonética de pedreira (petrārĭa), como si acontece noutros lugares.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arante
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 410. ISBN 84-95892-53-7.