Couxela, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Couxela
Cruz conmemorativa da misión dos xesuítas de setembro de 1943, conservada na igrexa parroquial.
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°28′09″N 7°05′34″O / 43.46905895, -7.09286445Coordenadas: 43°28′09″N 7°05′34″O / 43.46905895, -7.09286445
Área4,56 km²
Poboación96 hab. (2020)
Densidade21,05 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Couxela é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2022 tiña 88 habitantes,[2] en 2011 tiña 132 (69 homes e 63 mulleres, agrupados en 11 entidades de poboación e 2 lugares), e en 1999 tiña 165 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao leste con Vegadeo (Asturias), da cal está separada polo río Eo; ao sur coa Valboa (concello de Trabada), separada polo regato da Ferreira; ao norte con Vilausende; e ao oeste con Cedofeita. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 230 m.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Posiblemente a súa orixe estea en Covus (cóncavo),[3] forma latina arcaica. Á súa variante Covius foille engadido o sufixo -ellus, dando Coviella, que estaría relacionado coa valgada que forma no terreo.[4] A sílaba -vi- evoluciona ao -x- galego, como foveum -> foxo, dando Coxela. Pero o -v- de Covius representa un son palatal parasitario, parecido ao w inglés, que leva ao actual -u-, breve e átono, dando Couxela, co -ll- xeminado transformado en -l-.

Aparece documentado como Coegela e Coiegela.

Festas[editar | editar a fonte]

Na actualidade só se celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto domingo de setembro. Tempos atrás celebrábanse tamén as festas de San Brais (3 de febreiro), Santo Antón (13 de xuño) e Santiago (25 de xullo).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Couxela[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Couxela no concello de Ribadeo (Lugo)

Os Bispos | Os Casais | A Casanova | As Cerdeiriñas | Cima de Vila | Fornelo | Irexe | Maizán | Moural | O Rego | Sendín | A Venda | A Xunqueira

Parroquias de Ribadeo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-19. 
  3. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  4. Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]