Remourelle, Arante, Ribadeo
| Remourelle | |
|---|---|
O Pozo Mouro, no rego de Lexoso. | |
| Parroquia | Arante |
| Concello | Ribadeo |
| Coordenadas | 43°30′37″N 7°11′02″O / 43.510350043461, -7.1839916136499 |
| Poboación | 63 hab. (2022) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Remourelle é unha entidade colectiva de poboación da parroquia de Arante no concello lugués de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 63 habitantes (25 homes e 38 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Remourelle ten a súa orixe na forma *riuŭ maurĕllī, a partir do substantivo río (do latín rīuŭ) co xenitivo do antropónimo maurĕllŭs.[2] Aparece documentado en dúas atestacións medievais do Tombo de Lourenzá como Riu Maurelli e Rio Maurilii.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A aldea de Remourelle engloba sete entidades singulares de poboación:
- Os Dioses
- Os Fornos
- A Madanela
- As Pereiriñas
- Portobragán de Abaixo
- Portobragán de Arriba
- Rego de Mel
Está limitada polo concello de Barreiros (ao norte polo monte Penalonga e ao oeste pola Insua, na parroquia de Cabarcos), pola aldea de Noceda, na parroquia da Devesa (ao leste), e pola estrada LU-133 Reme-Vilamar (ao sur). Á súa beira meridional tamén corre o rego de Lexoso, que máis adiante dá lugar ao río Grande.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Remourelle, dende o camiño Norte de Santiago
- A LU-133 en Remourelle. Ponte sobre o rego de Lexoso.
- Ponte no rego de Lexoso
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arante
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán de Abaixo | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Os Dioses | Portobragán de Arriba |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Bascuas López, E. (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Universidade de Santiago de Compostela. p. 160 e ss. ISBN 9788497500265.
- ↑ "Parroquia de Arante". Concello de Ribadeo. Consultado o 2026-04-11.