Vilaframil, Ribadeo
Vilaframil | |
---|---|
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°32′37″N 7°05′20″O / 43.54374341, -7.08884057 |
Área | 8,23 km² |
Poboación | 353 hab. (2020) |
Densidade | 42,89 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Vilaframil é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo, pertencente ó arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 330 habitantes, repartidos en 14 entidades de poboación e 2 lugares, cunha densidade de 40,1 hab/km². A súa altitude media é de 62 m. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 352 habitantes, sendo 182 homes e 170 mulleres.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita coas parroquias de Rinlo e A Devesa ó oeste, Covelas e Vilausende ó sur, Ove, Piñeira e Vilaselán ó leste e o mar Cantábrico ó norte.
A maioría da poboación distribúese cara ó mar Cantábrico, onde tamén se acumulan os medios de comunicación coma a estrada e o FEVE (aínda que non ten estación na parroquia). A outra parte expándese cara ao sur, onde o terreo é bastante máis elevado e pendente. Esta zona ven regada por tres regatos, un deles fai de límite cunha das parroquias laterais. O regato da Capela (que nace cerca do lugar da Madanela) atravesa a parroquia de par en par ata desembocadura (facendo unha enseada que se coñece coma enseada de Liñares). Por outra parte está o regato de San Xián, que recibe o nome do nacemento nas proximidades da aldea de San Xillao, atravesa parte desta parroquia e vai a desembocar na parroquia do Rinlo.
As entidades de poboación son O Campo de San Lourenzo (90 hab. censo 2004), Carreira Branca (16), Coedo (4), O Coto (40), A Granxa (13), A Madanela (37), O Pinar (abandonado), O Regueiral (2), A Requeixada (3), Río Caínzos (10), San Xillao (59), A Siñeira (9), O Tombín (25) e O Valado (22). Os lugares (xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son A Galera e A Manzana.
Historia
[editar | editar a fonte]O topónimo pode provir de Vila do posuidor xermánico Fradamiri, xenitivo de Fradamirus. A primeira parte, Frad, significa "intelixente"; a segunda, mirus, "admirable". O significado deste nome sería pois "o famoso pola súa intelixencia". Desaparece deste nome o d intervocálico, e tamén o i final de acordo coa tendencia da época. Despois ten lugar o antirrotacismo que muda o r final por l, como ocorre con tódolos nomes de posuidor xermánico acabados en miri, que evolucionan a mil, como Vilamil ou Samil. A parroquia aparece documentada como Villafraamil.[2]
Monumentos
[editar | editar a fonte]Ademais da igrexa parroquial, pódese visitar a antiga Granxa Escola de Pedro Murias, hoxe Centro de Capacitación Agraria, onde se pode apreciar como eran antes e como son agora os materias de estudos e labranzas que están de mostra.
Festas e lecer
[editar | editar a fonte]Esta parroquia acostuma celebrar as festas o 10 de agosto, na honra a San Lourenzo, con procesión ó redor da igrexa. Entre os lugares que se poden percorrer nesta parroquia está unha antiga escola de agricultores (a Granxa Escola de Pedro Murias), feita a comezos do século XX coas subvencións dun emigrado a Cuba. A falta das mesmas, a escola viuse na obriga de pechar, pero recentemente volveuna abrir a Xunta de Galicia baixo o nome de Escola Centro de Capacitación Agraria.
Nos seus arredores está o aeródromo de Ribadeo (creado polo Club Aéreo de Ribadeo). Dispón de pista de aterraxe asfaltada para avionetas, biprazas, voo sen motor e outros, sempre de carácter sinxelo. Tamén ten hangares. A pista de aterraxe é operativa para ultralixeiros, pero dada a súa situación limítrofe entre Galicia e Asturias, é utilizada por helicópteros ou voos turísticos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilaframil
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilaframil no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Campo de San Lourenzo | Carreira Branca | Coedo | O Coto | A Galera | A Granxa | A Madanela | A Manzana | O Pinar | O Regueiral | A Requeixada | Río Caínzos | San Xillao | A Siñeira | O Tombín | O Valado |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.