O Barredal, Arante, Ribadeo
| O Barredal | |
|---|---|
| Parroquia | Arante |
| Concello | Ribadeo |
| Coordenadas | 43°29′34″N 7°10′15″O / 43.49285748983, -7.1707415219151 |
| Poboación | 20 hab. (2022) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Barredal é un lugar da parroquia de Arante no concello de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Barredal debe tratarse dun derivado do substantivo común barro ‘arxila’, ‘masa que resulta da mestura de terra e auga’, ‘masa branda que se forma ao chover’. A ese apelativo deberon engadírselle en fases sucesivas dous sufixos como son -edo (< latín -ētŭ) e -al (< latín -āle), expresando unha idea abundancial. O substantivo barro é ben coñecido como sinónimo de lama, sendo cuantitativamente moito máis empregado este último na lingua oral da zona, a diferenza do que ocorre co rendemento toponímico de barro, cuxos derivados se revelan como máis abondosos.
Economía
[editar | editar a fonte]Hai explotacións de vacún de leite, explotacións variadas de animais e cultivo de fabas, obreiros por conta allea e pensionistas. As casas están ordenadas ao longo da estrada, distanciándose as dos extremos en 600 metros.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arante
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán de Abaixo | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Os Dioses | Portobragán de Arriba |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.