A Belle Époque (en francés "Época Bela") foi un período da historia de Europa occidental. Adóitase datar entre a fin da Guerra franco-prusiana en 1871 e o comezo da primeira guerra mundial en 1914. Coincidindo coa Terceira República Francesa (comezos de 1870), foi un período caracterizado polo optimismo, a paz rexional, a prosperidade económica e as innovacións tecnolóxicas, científicas e culturais. Tamén foi unha boa época para as artes, especialmente en París. Moitas obras mestras da literatura, a música, o teatro e as artes visuais gañaron recoñecemento. A Belle Époque foi nomeada así cando comezou a ser considerada como unha idade de ouro en contraste cos horrores da primeira guerra mundial.