Encarna Otero Cepeda
Encarna Otero Cepeda | |
---|---|
Encarna Otero nunha entrevista en 2017. | |
Nome completo | Encarna Otero Cepeda |
Nacemento | 29 de xullo de 1950 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Tolosa-Jean Jaurès |
Ocupación | escritora, mestra e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Encarna Otero Cepeda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail.
Desde o ano 1970 milita activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participou no movemento antifranquista e coñeceu directamente a realidade do exilio. Desde 1982 formou parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Centro histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego.
Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos.
No ano 2010 volveu ás aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Anacos de esperanza, 2003, Edicións do Castro.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.