Marga do Val
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1964 ![]() Vigo, España ![]() |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | crítica literaria, poetisa ![]() |
Xénero artístico | Ensaio, poesía e tradución |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Marga Romero Lorenzo, coñecida como Marga do Val, nada en Vigo o 15 de abril de 1964, é unha escritora e tradutora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autora de poesía, ensaio, novela e teatro, é licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola USC. Entre 1995 e 2005 exerceu como lectora de lingua e literatura galegas na universidade de Tréveris, e tamén profesora de lingua e literatura galegas nun centro de ensino medio (San Paio). Colaborou en varias publicacións periódicas, como a revista Grial, Festa da Palabra Silenciada ou A Nosa Terra. Tamén escribiu no Sermos Galiza, no que en 2018 formaba parte do Consello de Administración.[1]
En 2015 foi elixida directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Os Camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo (Edicións do Cumio, 1992).
- Dieste na aula (Nigra, 1995).
- Carolina Otero (A Nosa Terra, 2001).
- Lorenzo Varela (A Nosa Terra, 2005).
- Tizita e Sabela na procura: Castro e Castrelos. Historias para coñecermos Vigo (2016), Mundo Detrás del Marco, 60 p., ISBN 9788494564468.[3]
Poesía
[editar | editar a fonte]- Entre dunas, en colaboración con Paula Lemos (Espiral Maior, 2000).
- A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior, 2010). Premio da Crítica de poesía galega.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O prognóstico da lúa (Obradoiro, 1997).
Traducións
[editar | editar a fonte]- Cousas da rapazada, de Peter Bichsel. En colaboración con Joachim Wormuth. (Alfaguara, 1998).
- A Casa da paixón, de Nélida Piñon (Galaxia, 2006).
- Randea do alento, de Herta Müller (Xerais, 2010).
Edicións
[editar | editar a fonte]- Entrevistas a Dieste (Nigra, 1995).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
- Alma de beiramar (AELG, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
- XVIII Festival da Poesia do Condado (S. C. D. Condado, 2004).
- Xela Arias, quedas en nós (Xerais, 2004).
- Homenaxe a Ánxel Casal (AELG, 2005).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006).
- Poemas pola memoria (1936-2006) (Xunta de Galicia, 2006).
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006).
- 20 Gedichte aus galicien. 20 poemas galegos (Espiral Maior, 2007). Edición bilingüe galego-alemán.
- Letras galegas 2007: María Mariño Carou: unidade didáctica educación primaria (Xunta de Galicia, 2007).
- Poetes gallecs d'avui (Llibres del Segle, Xirona, 2008).
- Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015).
Teatro
[editar | editar a fonte]- Aurora Rodríguez e a súa moneca de carne, estreada en 2002 polo Teatro Arte Livre.
- Belle Otero, o corpo que fala, estreada en 2002 polo Teatro Arte Livre.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio da Crítica de poesía galega no 2010, por A cidade sen roupa ao sol.
- Premio da AELG de tradución no 2011, por Randea do alento, de Herta Müller.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quen somos". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/11/2019. Consultado o 28/11/2018.
- ↑ "Marga do Val, elexida directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo". Faro de Vigo. Consultado o 28/11/2018.
- ↑ "Historias para coñecermos Vigo". editoraelvira.com. Arquivado dende o orixinal o 20/05/2019. Consultado o 28/11/2018.