Mimosas
Mimosas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mimosas |
Director | Óliver Laxe |
Produtor | Felipe Lage Coro Lamia Chraibi Nadia Turincev |
Guión | Óliver Laxe Santiago Fillol |
Intérpretes | Ahmed Hammoud Shakib Ben Omar Said Aagli |
Fotografía | Mauro Herce |
Montaxe | Cristóbal Fernández |
Estudio | Zeitun Films La Prod Rouge International |
Distribuidora | UFO Distribution (Francia) NUMAX Distribución (España) Grasshopper Film (Estados Unidos) |
Estrea | Cannes: 16 de maio de 2016![]() |
Duración | 96 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://zeitunfilms.com/gl/mim/index | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mimosas é un filme dramático dirixido e co-escrito por Óliver Laxe que foi estreado no ano 2016. O filme é a segunda longametraxe de Laxe, sendo descrita por el mesmo como 'un western místico'.[2] Trátase dunha coprodución entre Galicia, Marrocos, Francia e Qatar. Foi estreado na sección "semana da crítica" Festival de Cannes de 2016[3][4] onde gañou o Gran Premio.[5]
Rodado orixinalmente en lingua árabe, estreouse dobrado en galego o 26 de xullo de 2020 a través da TVG.[6] A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Argumento[editar | editar a fonte]
Seguindo a última vontade dun venerado xeque marroquí de ser soterrado nas ruínas de Sijilmasa, dous homes ofrécense para levar o corpo alén dos cumios do Cordal do Atlas, malia que todos dubidan das súas verdadeiras intencións.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Ahmed Hammoud como Ahmed
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández
- Shakib Ben Omar como Shakib
- Voz da dobraxe galega de Carlos Jiménez
- Said Aagli como Saïd
- Voz da dobraxe galega de Matías Brea
- Ikram Anzouli como Ikram
- Ahmed El Othemani como Mohammed
- Hamid Fardjad como Sheikh
- Margarita Albores como Noor
- Abdelatif Hwidar como Guía
Acollida[editar | editar a fonte]
O filme obtivo recensións positivas por parte da crítica especializada. Na páxina web Rotten Tomatoes, o filme conta cunha valoración do 88%.[7] Jonathan Romney de Screen Daily afirmou que o filme «fai un uso abraiante dun elenco non profesional» e refiríndose ó director, asegurou que «Laxe ten un ollo infalible para as caras que contan unha historia».[8]
Ben Keingsberg da revista Variety afirmou que «o filme combina reflexións espirituais e paisaxes asombrosas».[9] Peter Bradshaw de The Guardian referiuse ó filme da seguinte maneiraː «Certas escenas parecen improvisadas no lugar e hai algo exasperantemente non comprometedor e provisional ó respecto. Pero certamente vense marabillosas».[10] No ano 2017, Mimosas foi escollido entre os mellores filmes do ano polo crítico de cine de The New Yorker Richard Brody, aparecendo na súa lista no posto 33.[11]
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
O filme gañou o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes en 2016[12] e o Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla, onde tamén acadou unha mención especial ó mellor son e montaxe.
- Festival de Cannes
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2016 | Gran Premio da Semana da Crítica | Gañador |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
15ª edición | Mellor director | Gañador |
Mellor filme | Nomeado | |
Mellor guión | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Gañador | |
Mellor son | Nomeado |
Estrea caseira[editar | editar a fonte]
A estrea en DVD e Blu-ray produciuse o 14 de decembro de 2017.[13] Esta edición conta con opción de subtitulado en galego e castelán, xa que os diálogos son en árabe. O contido extra inclúe a curtametraxe París #1 (2007), a primeira obra de Laxe con certa repercusión, o tráiler e máis o diario de rodaxe A debilidade de crer. O diario é obra do guionista Santiago Fillol e conta as condicións da rodaxe no Cordal do Atlas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gómez, Noelia (4 de xaneiro de 2017). "'Mimosas', de Oliver Laxe e gañadora en Cannes, estréase esta quinta feira en todo o país". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ Dopico, Montse (13 de novembro de 2017). "Oliver Laxe: “A miña responsabilidade como cineasta é recordar ao espectador que hai lugar para a inocencia”". Praza Pública. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "Mimosas". Semaine de la Critique. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 06 de setembro de 2017.
- ↑ La Opinión (ed.). "Estar en Cannes ya es un gran éxito".
- ↑ Nancy Tartaglione (19 de maio de 2016). Deadline, ed. "Critics' Week Grand Prize Goes To 'Mimosas' – Cannes". Consultado o 19 de maio de 2016.
- ↑ Cinemar Films (ed.). "Mimosas na TVG". Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ Mimosas Rotten Tomatoes. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Mimosas review Screen Daily. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Mimosas review Variety. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Mimosas review The Guardian. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Redacción (11 de decembro de 2017). "'The New Yorker' escolle 'Mimosas' entre os mellores filmes de 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción (15 de abril de 2017). "Oliver Laxe denuncia a negativa de TVE a apoiar os seus filmes". Praza Pública. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción (5 de decembro de 2017). "'Mimosas', o premiado filme de Oliver Laxe, en DVD". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mimosas na IMDb (en inglés).
- Ficha en Zeitun Films