Víctor Erice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Erice
Victor Erice.jpg
Nome completoVíctor Erice Aras
Nacemento30 de xuño de 1940 (78 anos)
LugarKarrantza, Biscaia, España
NacionalidadeEspaña España
Educado enUniversidade Complutense de Madrid
Parella(s)Adelaida García Morales
ProfesiónDirector de cine
editar datos en Wikidata ]

Víctor Erice Aras, nado en Karrantza (Biscaia) o 30 de xuño de 1940 é un director de cinema español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Erice naceu en Carranza en 1940, mais con poucos meses se trasladou coa súa familia a Donostia, onde viviu ata os dezasete anos. Tralo bacharelato estableceuse en Madrid, onde estudou Ciencias Políticas e Dereito na Universidade Central. En 1961 entrou no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas.

Escribiu críticas de cinema en publicacións como Cuadernos de Arte y pensamiento ou Nuestro cine. Ademais traballou en diversos oficios cinematográficos, sendo guionista para Miguel Picazo (Oscuros sueños de agosto) e Antonio Eceiza (El próximo otoño) e actor para Manuel Revuelta (Antoñito vuelve a casa). O seu proxecto de fin de carreira, a mediometraxe Los días perdidos (1963) representou a Escola Cinematográfica Española no Festival de San Sebastián, durante os encontros internacionais de escolas de cinema.

En 1969 participou cun segmento na longametraxe colectiva Los desafíos, xunto con Claudio Guerín e José Luis Egea, coa participación de Rafael Azcona no guión. Os tres directores foran escollidos polo produtor do filme, Elías Querejeta, coma os máis prometedores dos graduados da escola. O filme recibiu a Cuncha de Prata en San Sebastián.

En 1973 Erice realizou o seu primeiro filme en solitario, El espíritu de la colmena, inicialmente un filme de terror de encargo escrito co crítico e guionista Ángel Fernández Santos. Debido á falta de medios aproveitaron a ocasión para convertela nunha obra máis persoal, protagonizada por Fernando Fernán Gómez. Supuxo o debut na actriz Ana Torrent e recibiu a Cuncha de Ouro entre outros filmes. Tralo filme Erice dedicouse un tempo á realización publicitaria e de programas de televisión.

A relación coa escritora Adelaida García Morales, que foi a súa parella durante varios anos, deu como resultado El sur (1982), baseado nun relato da autora, con Iciar Bollain, Omero Antonutti e Rafaela Aparicio nos papeis principais. A longametraxe non se puido filmar na súa totalidade debido á interrupción do proxecto por parte de Querejeta, que argumentou que co rodado existía material suficiente para unha boa historia. A boa acollida crítica imposibilitou para sempre a posibilidade de completar a rodaxe. Para Erice os motivos de Querejeta foron económicos e a obra debe de considerarse incompleta.

Tralo filme Erice tenteou varios proxectos, mais ao non formalizarse ningún volveu á televisión e á publicidade. Dirixiu ademais a dobraxe ao castelán do filme The Last Emperor, de Bernardo Bertolucci. Dentro da súa faceta de crítico, escribiu xunto con Jos Oliver o libro Nicholas Ray y su tiempo (1986).

A súa terceira longametraxe foi El sol del membrillo (1992), un retrato documental do pintor realista Antonio López.

En 1994 recibiu o encargo de Andrés Vicente Gómez para realizar La promesa de Shanghai, adaptación da novela de Juan Marsé El Embrujo de Shanghai. Erice dedicoulle tres anos e fixo dez versións do guión, do que a versión definitiva recibiu o entusiasmo do novelista. O proxecto, que tiña unha duración de tres horas, non convenceu o produtor, que impuxo un recorte de corenta minutos. Erice aceptou e en 1998 preparouse un plan de rodaxe. Mais de súpeto a produtora interrompeu o proxecto por motivos financeiros e foi parar a mans de Fernando Trueba. O guión de Erice (non empregado por Trueba) foi finalmente publicado.

A finais da década de 1990 fundou a produtora Nautilus films, coa que levou a cabo a súa obra posterior, que comprende curtametraxes e segmentos en filmes colectivos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • En la terraza (1961)
  • Páginas de un diario (1962)
  • Los días perdidos (1963)
  • Entre vías (1966)
  • Los desafíos - Segmento 3 (1969)
  • Celebrate Cinema 101 - Segmento Preguntas al atardecer (1995)
  • Ten minutes older: the trumpet - Segmento Alumbramiento (2002)
  • Correspondencia (dez cartas con Abbas Kiarostami) (2005-2007)
  • La Morte Rouge (2006)
  • 3.11 A sense of home - Segmento Ana, tres minutos (2011)
  • Centro histórico - Segmento Cristales rotos (2012)

Como guionista[editar | editar a fonte]

  • Oscuros sueños de agosto (1967)
  • El próximo otoño (1967)
  • La promesa de Shanghai (1998)

Como actor[editar | editar a fonte]

  • Un lugar en el cine - Dirixida por Alberto Morais (2007)
  • Víctor Erice: París-Madrid, idas y vueltas - Dirixida por Alain Bergala (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]