Álvaro del Portillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Álvaro del Portillo

Álvaro del Portillo Diez de Sollano, nado en Madrid o 11 de marzo de 1914 e finado en Roma o 23 de marzo de 1994, foi un bispo español, sucesor de san Xosemaría Escrivá á fronte do Opus Dei.

Índice

Vida [editar]

Monseñor Álvaro del Portillo foi terceiro de oito irmáns, nunha familia profundamente cristiá. Ingresou no Opus Dei en 1935. Foi Doutor Enxeñeiro de Camiños e Doutor en Filosofía e en Dereito Canónico. Ordeouse sacerdote o 25 de xuño de 1944. Formou parte do Consello Xeral do Opus Dei de 1940 a 1975; de 1940 a 1947 e de 1956 a 1975 foi secretario xeral.

Foi consultor de diversos organismos da Santa Sé. Traballou no Concilio Vaticano II, primeiro como presidente da Comisión antepreparatoria para o laicado e despois como secretario da Comisión sobre a discipliña do clero e como consultor doutras comisións. Os seus libros Fieles y laicos en la Iglesia (1969) e Escritos sobre el sacerdocio (1970) son, en boa parte, froito desa experiencia.

No 1975 foi elexido para suceder a Xosemaría Escrivá. Ao ser erexido o Opus Dei como prelatura persoal, o Papa nomeouno prelado. En 1990 foi designado bispo por Xoán Pablo II, quen conferiu a ordenación episcopal o 6 de xaneiro de 1991. No 1985 fundou en Roma o Centro Académico Romano da Santa Cruz, xerme da Universidade Pontificia da Santa Cruz.

Durante os seus dezanove anos á fronte do Opus Dei, o labor da prelatura estendeuse a vinte novos países.

Finou en Roma o 23 de marzo de 1994, logo de regresar dunha peregrinación á Terra Santa. O Papa Xoán Pablo II acudiu ese mesmo día a rezar ante os seus restos mortais. Está aberta a súa causa de beatificación e canonización.[1]

Citas [editar]

Siervo bueno y fiel.
Xoán Pablo II
Discípulo de Cristo.
Carlo Cafarra, arzobispo de Bologna

Publicacións [editar]

Notas [editar]

  1. Sobre a Clausura da fase diocesana do proceso véxase noticia na páxina web do Opus Dei

Véxase tamén [editar]

Biografía [editar]

  • Bernal Fernández, Salvador. Recuerdo de Álvaro del Portillo, prelado del Opus Dei (1 ed.). ISBN 9788432131264. http://books.google.es/books?id=TYle1Ys2uuwC. 
  • Medina Bayo, Javier, Álvaro del Portillo. Un hombre fiel, Madrid, Rialp, 2012, 1ª, 832 pp.
  • Catret Mascarell, Amparo y Sánchez Marchori, Mar, Se llamaba Álvaro. Vida de Monseñor Alvaro del Portillo, Madrid, Palabra, 1999, 1ª, 31 pp.
  • "Profilo biografico di mons. Alvaro del Portillo y Diez de Sollano", en Ateneo Romano De La Santa Cruz (ed.), Rendere amabile la verità: raccolta di scritti di Mons. Alvaro del Portillo, pastorali, teologici, canonistici, vari, Città del Vaticano, Libreria Editrice Vaticana, 1995, pp. 661-664.
  • Illanes Maestre, José Luis, "Disponibilità e servizio. Un breve sguardo all'opera canonica, teologica ed ecclesiale di mons. Álvaro del Portillo", Annales Theologici, 8/1 (1994), pp. 13-21.
  • Badrinas Amat, Benito, "Álvaro del Portillo y Diez de Sollano: la vida junto a un santo", en Paulino Castañeda Delgado y Manuel J. Cociña Y Abella (eds.), Testigos del siglo XX, Maestros del XXI. Actas del XIII Simposio de Historia de la Iglesia en España y América, Sevilla, 8 de abril de 2002, Córdoba, Publicaciones, Obra Social y Cultural CajaSur, 2003, pp. 383-394.
  • Romano, Giuseppe, Don Álvaro: fidelidad día tras día, Roma, 1986, 31 pp.
  • Amadeo de Fuenmayor Champín y Manuel J. Peláez, “Álvaro [José María Eulogio] del Portillo Diez de Sollano (1914-1994)”, en Diccionario crítico de Juristas españoles, portugueses y latinoamericanos (hispánicos, brasileños, quebequenses y restantes francófonos) [hasta noviembre 2006], vol. II, tomo 1º (M-Va), Zaragoza-Barcelona, 2006, pp. 335-339, nº 818.
  • María del Carmen Amaya Galván, versión inglesa ampliada y actualizada de la semblanza de Álvaro del Portillo como canonista, redactada por A. de Fuenmayor y Manuel J. Peláez, en María del Carmen Amaya Galván y M. J. Peláez, “Informes jurídicos y notas políticas sobre la situación política y jurídica de Andorra remitidos al Prefecto de los Pirineos Orientales (1881-1965) por el Ministerio de Asuntos Exteriores galo, por el Comisario extraordinario para los Valles de Andorra René Baulard (1933 y 1936-1940) y por otras autoridades y personalidades políticas y académicas (tercera parte)”, en Contribuciones a las Ciencias Sociales, ISSN 1988-7833, octubre de 2010, en línea, http://www.eumed.net/rev/cccss/10/pag.htm (pp. 1-76), ver .Pdf, pp. 5-9, notas 9 y 10 [Está indexado en resumen amplio en EconPapers (Örebro University – Swedish Business School. Suecia), en Ideas en Society of Economic Dynamics (University of Connecticut. EE.UU.) y en Соционет, научное информационное пространство (Moscú. Rusia)].

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Título novo
San Xosemaría (como Secretario Xeral)
Opus Dei cross.svg
Prelado do Opus Dei
1975-1994
Sucesor:
Javier Echevarría Rodríguez