Xosé Cerviño García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas, Cotobade, o 23 de maio de 1843 e falecido no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tense afirmado que Xosé Cerviño García que foi o escultor máis afamado da súa época e de toda a historia da canteiría galega[2] De Xosé Cerviño opinou así Castelao [3]:

"Calviño foi xenial e revolucionario, capaz de trocar os sinxelos cruceiros en grandes calvarios, ao xeito dos que se erguen na Bretaña. Estaba posuido da súa xenialidade até o estremo de saír máis caro pol-o viño que bebía que pol-o diñeiro que cobraba".
Cruceiro de Hío, vista posterior.

Aínda que a súa escultura máis nomeada foi sempre o cruceiro do Hío, en Cangas, o conxunto da súa obra merece ser tamén recordado, ben sexa polas esculturas atribuídas a el directamente, ben sexa polas atribuídas á súa dirección.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A verdade é que a denominación de Mestre Cerviño pode dar lugar a erro porque na mesma época houbo outro escultor, chamado Ignacio Cerviño Quinteiro (nacido en 1839 e do que se ignora a data da súa morte, en todo caso posterior a 1901) e que traballou máis pola zona de Ponteareas. Os diferentes autores discuten a verdadeira autoría de distintos panteóns e outras obras entre os dous artistas.
  2. Julio Fernández Pintos, Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego, nº 42, 2002).
  3. As cruces de pedra na Galiza, reedición facsimilar Galaxia 1984, 128. Nótese que Castelao o nomeaba erroneamente como Calviño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]