Antas, A Lama
| Santiago de Antas | |
|---|---|
| igrexa parroquial | |
| Concello | A Lama |
| Área | - km² |
| Poboación | 296 hab. (2010) |
| Entidades de poboación | 12 |
Santiago de Antas é unha parroquia que se localiza na parte central do concello da Lama.
Índice |
Toponimia [editar]
O topónimo de Antas procede da voz latina anta (marco, columna) e pode facer referencia a marcos de pedra para dividir fincas e outras propiedades.Noutra vía, podería proceder dos restos megalíticos existentes na parroquia, xa que sábese que os dólmenes son chamados antas.[1]
Poboación [editar]
Segundo o IGE, na parroquia no 2010 vivían 296 veciños (131 homes e 165 mulleres), é dicir un 8,35% menos ca no 1999 (cando había 323 residentes). De todas maneiras, a poboación descendeu con notoriedade ata o 2001. Dende entón, o censo sube ou baixa pouco.
| Ano | Poboación (hab.) | Variación |
|---|---|---|
| 1999 | 323 | - |
| 2001 | 281 | -13,00% |
| 2003 | 278 | -1,07% |
| 2005 | 294 | +5,76% |
| 2007 | 276 | -6,12% |
| 2009 | 275 | -0,36% |
| 2010 | 296 | +7,64% |
A poboación está bastante repartida, de feito que ningún das 12 aldeas sobrepase os 100 veciños. A máis poboada é Ramallal, con 74 veciños.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Antas [editar]
| Lugares da parroquia de Antas no concello da Lama (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Abelaído | Antas | As Barreiras | O Calvario | A Canceleira | A Candeira | Os Carreiros | O Concello | Cornide | Cotiño | A Moa | O Portamedos | A Porteliña | A Puza da Ran | O Puzo | O Ramallal | A Veiga do Valo | A Vila do Cabo |
Parroquias da Lama [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama | |
|---|---|
|
Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu) |
Notas [editar]
- ↑ "A Lama. Os nomes dos lugares", X. Carlos Morgade Martínez, 1995