Xelea real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xelea real é unha substancia segregada polas glándulas hipofarínxeas da cabeza de abellas novas, de entre 5 e 15 días, que mesturan con secrecións estomacais e que serve de alimento ás larvas depositadas pola abella raíña. É unha masa viscosa dunha suave cor amarela e sabor ácido.

Características[editar | editar a fonte]

Todas as larvas consomen esta xelea, mais aquelas que serán as futuras raíñas reciben unha xelea máis pura, sen pole, mentres que as que serán obreiras recíbena con algúns grans de pole. Ao terceiro día, as obreiras deixan de recibir xelea e pasan a consumir un concentrado de mel, auga e pole, mentres que as futuras raíñas continúan consumindo a xelea real toda a súa vida. Isto asegura a supervivencia das abellas raíñas, o seu maior tamaño e gran vitalidade para a reprodución. Cabe salientar que a esperanza de vida dunha abella obreira é de 30 a 45 días, mentres que unha raíña pode chegar a vivir até 5 anos. As abellas xeran entre 250 g e 300 g de xelea para a alimentación das raíñas.

Na súa composición podemos encontrar case un 60% de auga, azucres, proteínas, lípidos e cinza. Contén vitaminas B1, B2, B6, B5 (en gran cantidade), B8, E e PP, e ácido fólico. Ten, ademais, antibióticos, gammaglobulina, albuminas, e aminoácidos (arxinina, valina, lisina, metionina, prolina, serina, glicina, etc.). Ademais tamén posúe minerais como ferro, ouro, calcio, cobalto, silicio, magnesio, manganeso, níquel, prata, xofre, cromo e cinc.

Algunhas das súas propiedades máis recoñecidas[Cómpre referencia] son as seguintes:

Debido a que se deteriora axiña, debe ser conservada a baixas temperaturas de entre 0 e -2 graos centígrados e en recipentes opacos que impidan o paso da luz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]