Albumina
| Albumina | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estrutura da albumina sérica.[1][2] | |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| Símbolo | Albumina sérica | ||||||||
| Pfam | PF00273 | ||||||||
| Pfam clan | CL0282 | ||||||||
| InterPro | IPR014760 | ||||||||
| SMART | SM00103 | ||||||||
| PROSITE | PS51438 | ||||||||
| SCOP | 1ao6 | ||||||||
| SUPERFAMILY | 1ao6 | ||||||||
|
|||||||||
A albumina, albumina sérica ou seroalbumina é unha proteína que se atopa en grande abundancia no plasma sanguíneo, sendo a principal proteína do sangue. É sintetizada no fígado.
A concentración normal de albumina no sangue humano oscila entre 3,5 e 5,0 gramos por litro, e supón ao redor do 50% da proteína plasmática. O resto de proteínas presentes no plasma chámanse en conxunto globulinas. A albumina é fundamental para o mantemento da presión oncótica, necesaria para a distribución correcta dos líquidos corporais entre o compartimento intravascular e o extravascular, localizado entre os tecidos. A albumina ten carga eléctrica negativa. A membrana basal do glomérulo renal, tamén está cargada negativamente, o que impide a filtración glomerular da albumina aos ouriños. No síndrome nefrótico, esta propiedade é menor, e pérdese gran cantidade de albumina polos ouriños.
Debido a que os animais pequenos, por exemplo as ratas, viven cunha baixa presión sanguínea, necesitan unha baixa presión oncótica, tamén necesitan unha baixa cantidade de albumina para manter a distribución de fluídos.
Índice |
Funcións da albumina [editar]
- Mantemento da presión oncótica.
- Transporte de hormonas tiroideas.
- Transporte de hormonas liposolubles.
- Transporte de ácidos graxos libres.
- Transporte de bilirrubina non conxugada.
- Transporte de moitos fármacos e drogas.
- Unión competitiva con ións de calcio.
- Control do pH.
Causas da deficiencia de albumina [editar]
- Cirrose hepática: Por diminución na súa síntese hepática.
- Desnutrición.
- Síndrome nefrótico: Por aumento na súa excreción.
- Trastornos intestinais: Perda na absorción de aminoácidos durante a dixestión e perda polas diarreas.
- Enfermidades xenéticas que provocan hipoalbuminemia, que son moi raras.
Outros tipos de albumina [editar]
Ademais da seroalbumina do soro sanguíneo, existen tamén:
- Ovoalbumina: É a albumina da clara do ovo.
- Lactoalbumina: É a albumina do leite.
Notas [editar]
- ↑ Sugio S, Kashima A, Mochizuki S, Noda M, Kobayashi K (June 1999). "Crystal structure of human serum albumin at 2.5 A resolution". Protein Eng. 12 (6): 439–46. DOI:10.1093/protein/12.6.439. PMID 10388840.
- ↑ He XM, Carter DC (1992). "Atomic structure and chemistry of human serum albumin.". Nature 358 (6383): 209–15. DOI:10.1038/358209a0. PMID 1630489.