Stéphane Grappelli
| Stéphane Grappelli | |
|---|---|
Grappelli en 1991 |
|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 26 de xaneiro de 1908 |
| Orixe | París, Francia |
| Morreu | 1 de decembro de 1997 |
| Ocupación (s) | Músico |
| Xénero | Jazz |
| Instrumento(s) | Violín, piano, saxofón, acordeón |
| Tipo de voz | {{{tipo de voz}}} |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Django Reinhardt, Quintette du Hot Club de France, Oscar Peterson, David Grisman |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Stéphane Grappelli, nado o 26 de xaneiro de 1908, finado o 1 de decembro de 1997, foi un violinista francés do jazz que fundou canda o guitarrista Django Reinhardt o Quintette du Hot Club de France.
Traxectoria [editar]
De pai italiano e nai francesa, á idade de 4 anos fica orfo de nai. Aos 12 anos comeza a tocar o violín nas rúas para levar diñeiro á súa casa. En 1923 -aos 15 anos- comeza a súa carreira profesional como violinista e pianista nos cines acompañando ás películas mudas.
En 1934 nace o Quinteto do Hot Club de Francia. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial atópase de xira en Inglaterra; Django volve enseguida a Francia, pero Grappelli decide quedar en Londres. Cando se reencontran en 1946, tocan e gravan espontaneamente A Marsellesa rebautizada Ecos de Francia (Echoes of France). Esta gravación converteríase nun escándalo e a matriz sería destruída.
Despois de tocar con Reinhardt, Grappelli grava máis dun centenar de discos con grandes músicos, especialmente con Oscar Peterson, Jean-Luc Ponty, Philip Catherine, o cantante Paul Frederic Simon, David Grisman ou incluso con Yehudi Menuhin ou co violinista indio Lakshminarayana Subramaniam.
É tamén o compositor e intérprete de pezas orixinais da banda sonora do filme Les Valseuses de Bertrand Blier en 1974, e da música de Milou en mai, filme de Louis Malle de 1989.
Foi condecorado como Cabaleiro da Lexión de Honra.
Grappelli está soterrado no famoso cemiterio de París Père Lachaise.