Truman Capote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Truman Capote
Nome completoTruman Streckfus Persons
Nacemento30 de setembro de 1924
 Nova Orleáns
Falecemento25 de agosto de 1984
 Os Ánxeles
Causainsuficiência hepática
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterGreenwich High School e Dwight School
Ocupaciónguionista, novelista, escritor, dramaturgo, autobiógrafo, actor e xornalista
Período1943–1984
Coñecido/a porIn Cold Blood e Breakfast at Tiffany's
Profesiónxornalista e escritor
PremiosO. Henry Award
Na rede
IMDB: nm0001986 Allocine: 14074 Allmovie: p84070 TV.com: people/truman-capote IBDB: 8925
Youtube: UCrekr2FptQ0qu4T8jVLAucg Bitraga: 1724 Musicbrainz: 6f9bcd85-facc-448e-92f8-7375b53273ac Discogs: 582105 Allmusic: mn0000739862 WikiTree: Persons-114 Find a Grave: 1175 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Truman García Capote, nado en Nova Orleáns o 30 de setembro de 1924 e finado nos Ánxeles o 25 de agosto de 1984, foi un xornalista e escritor estadounidense, principalmente coñecido pola súa novela-documento In Cold Blood (1966) e Breakfast at Tiffany's (1958).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado como Truman Streckfus Persons, adoptaría o nome do segundo marido da súa nai, García Capote. Na súa infancia viviu nas granxas do sur dos Estados Unidos e, segundo as súas propias palabras, empezou a escribir para mitigar o illamento sufrido durante a súa infancia. Estudou no Trinity School e no St. John's Academy de Nova York. Aos 17 anos xa era un consumado xornalista: traballa para a revista The New Yorker. Con 21 anos abandona a revista e publica o relato "Miriam" na revista Mademoiselle, premiado co Premio O'Henry. A crítica lóuvao sen reservas e considérao un discípulo de Edgar Allan Poe. En 1948 aos 23 anos publícase a súa primeira novela, Other Voices, Other Rooms, unha das primeiras novelas en que se suscita de forma aberta o tema da homosexualidade. Outras novelas súas inclúen son The Grass Harp (1951) e The Muses Are Heard (1956), ademais da famosa Breakfast at Tiffany's (1958), que foi adaptada ao cine por Blake Edwards, con Audrey Hepburn no papel de Holly Golightly.

A súa novela In Cold Blood é o seu traballo máis coñecido. Con el acuñou o termo non-fiction-novel e creou un referente para o que logo foi o Novo Xornalismo americano. A novela, publicada tras 5 anos de investigación, conta o suceso real do asasinato da familia Clutter, e foi levada ao cine en 1967 por Richard Brooks. Do libro vendéronse máis de trescentos mil exemplares, permanecendo na lista dos libros máis vendidos do New York Times durante trinta e sete semanas.

As súas relacións co cine estendéronse ademais á escritura de guións, entre os que destaca o de The Innocents, de Jack Clayton (1961). Ata interpretou un papel en Murder by Death (Robert Moore, 1976).

Na década de 1950 renovou a súa actividade xornalística realizando entrevistas para a revista Playboy.

Éxito nos medios[editar | editar a fonte]

Un dos máis excéntricos personaxes de Truman Capote foi el mesmo. O seu éxito literario foi acompañado dun grande éxito social, o que lle permitiu tratar con intimidade a boa parte da aristocracia neoiorquina da súa época. As súas relacións coa alta sociedade rompéronse definitivamente cando publicou algúns capítulos da súa novela inconclusa Answered Prayers: The Unfinished Novel, na que aireaba vivencias íntimas dalgúns dos seus amigos máis famosos apenas disfrazados de personaxes de ficción. El falaba desta novela como da súa grande obra, para a que tomara como modelo ao Marcel Proust de Á busca do tempo perdido.

No desgarrador autorretrato do autor e o seu imaxinario xemelgo, do seu libro Music for Chameleons dicía de si mesmo "Son alcóholico. Son drogadicto. Son homosexual. Son un xenio.", frase que desde entón se asocia con el. Este libro, último da súa bibliografía, é unha colección de relatos, no que a novela central, Handcarved Coffins é unha clara representación do espírito xornalístico do autor.

Outros libros seus son a colección de contos A Tree of Night and Other Stories (1949) ou a colección de entrevistas The Duke in His Domain, entre outros.

A súa depresión levouno a un proceso de autodestrución, dependendo cada vez máis dos psicofármacos que, combinados co alcol, deterioraron a súa saúde e as súas relacións con todos os seus amigos, ata morrer por sobredose en 1984.

Obra[editar | editar a fonte]

Ano Título
aprox. 1943 Summer Crossing (Publicada postumamente, foi traducido ó galego como Cruceiro de verán)
1945 Miriam
1948 Other Voices, Other Rooms
1949 A Tree of Night and Other Stories
1951 The Grass Harp
1956 The Muses Are Heard
1957 The Duke in His Domain
1958 Breakfast at Tiffany's
1966 In Cold Blood
1968 The Thanksgiving Visitor
1973 The Dogs Bark
1980 Music for Chameleons
1986 Answered Prayers: The Unfinished Novel

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]