Tom Odell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tom Peter Odell
Tom Odell-2140.jpg
Alias Tom Odell
Naceu 24 novembro de 1990 (23 anos)
Orixe Chichester, West Sussex, Inglaterra Inglaterra
Ocupación (s) músico, compositor
Xénero Indie pop
Folk
Instrumento(s) Voz, guitarra
Selo(s) discográfico (s) Columbia, In the Name Of
Tempo en activo 2012–
Na rede
http://www.tomodell.com

}} Tom Peter Odell, nado o 24 de novembro de 1990, é un cantautor británico. Lanzou o seu primeiro EP, ''Songs from Another Love'', en 2012 e gañou o premio da Elección dos Críticos dos BRIT Awards a comezos de 2013. O seu primeiro álbum de estudio , Long Way Down, está dispoñíbel desde o 24 de xuño de 2013.

Nenez[editar | editar a fonte]

Odell naceu en Chichester, West Sussex, fillo dun piloto e unha mestra de escola.[1] Ten unha irmá máis vella.[2] Pasou parte da súa nenez en Nova Zelandia por causa do traballo de seu pai. Estudou no colexio de pago Seaford College, onde coñeceu ao seu amigo e colaborador Ian Miller.[1] Estudou piano clásico até sexto de primaria. Comezou a escribir as súas propias cancións á idade de trece anos, aínda que non llo dixo a ninguén porque cría que non estaba en voga.[1][3]

Con dezaoito anos, Odell decidiu non estudar na University of York[4] e tentou gañar unha praza nun conservatorio de Liverpool.[5] Ao non conseguir o seu propósito, mudouse a Brighton para gañar experiencia no mundo da música ao vivo.[6] Actuaba a diario nas noites de micro aberto: «Era moi humillante: arrastrar un teclado, presentarse para descubrir que non estaba no programa, pandas de rapaces que me collían o micro e rían ... aprendín a actuar e tamén que cancións funcionan.» [1][7] Despois de un ano e tras ser despido do seu traballo como barista, volveu para Chichester.[8] Grazas ao coche de súa avoa puido viaxar con frecuencia a Londres para actuar e pór anuncios nas escolas de música.[7][9] He Posteriormente, mudouse a Londres para tocar na banda Tom and the Tides.[9][10] Porén, decidiu que prefería actuar en solitario porque «non quería ter de confiar na xente».[11]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Odell firmou coa discográfica In the Name Of, un selo de Columbia Records. Foi descuberto pola xefa do selo Lily Allen, que remarcou que «a súa enerxía no escenario lle lembraba a David Bowie».[12] Déronlle un adianto do álbum: "Merquei un Mini Cooper vello en metálico. Tres semanas máis tarde, cando regresaba dun concerto en Escocia, o coche xa non estaba. Se vedes un Mini Cooper clásico verde de carreiras, é de meu».[1] Lanzoue o sue primeiro EP, Songs from Another Love, en outubro de 2012.[13] A súa primeira aparición televisiva foi en novembro de 2012 como artista no programa Later... with Jools Holland; o director do programa Alison Howe describiuno como «un debut clásico de Later».[14][15] Odell entrou na listaxe dos quince nominados para a sondaxe Sound of 2013 da BBC en xaneiro de 2013. Ese mesmo mes, o seu sinxelo «Another Love» foi empregado pola BBC para promocionar o seu programa de 2013.[16] A súa música ten sido usada en numerosas pasarelas de moda de Burberry.[17] Odell gañou o premio da crítica dos BRITs, que previamente xa fora gañado por artistas como Adele e Florence and The Machine,[18] e tamén foi entrevistado xunto á anterio gañadora Emeli Sande durante a cerimonia en febreiro de 2013. O seu primeiro álbum, Long Way Down, foi lanzado o 24 de xuño de 2013.[19] Será o teloneiro de The Rolling Stones no festival londinense Hyde Park o 13 de xullo de 2013.[20]

Influencias[editar | editar a fonte]

Odell «creceu escoitando a Elton John. Un dos primeiros álbums que escoitei foi Goodbye Yellow Brick Road (1973). Tamén nomea a David Bowie, Jeff Buckley, Bob Dylan, Arthur Russell, Leonard Cohen, Leon Russell, Billy Joel, Randy Newman, Tom Waits, Sixto Rodriguez e Bruce Springsteen como as súas influencias.[2][7][21][22][23][24] É fan de Arcade Fire, James Blake, Cat Power, Blur, Beach House, Radioheade Ben Folds.[2][7][23][25][26]

Odell comentou que as súas letras están inspiradas pola súa «incapacidade de permanecer nunha relación con alguén máis de seis mesesd ... Considero que escribo mellores letras cando son honesto e tratan sobre cousas que me aconteceron. Podo semellar un pouco raro cando os amigos ou as mozas descobren que a canción trata sobre eles. Porén, é impresionante da que te podes librar Creo que a chaman licenza poética» [27]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Título Detalles do álbum Posición máis alta nas listaxes
Reino Unido
[28]
Irlanda
[29]
Long Way Down 5

EP[editar | editar a fonte]

Título Detalles do álbum
Songs from Another Love

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Sinxelo Posición máis alta nas listaxes Certificados Álbum
Reino Unido
[28]
Bélxica (Vl)
[30]
Bélxica (Wa)
[31]
Alemaña
[32]
Irlanda
[29]
Países Baixos
[33]
Suíza
[34]
2013 "Can't Pretend"[35] 67 Long Way Down
"Hold Me"[36] 44
"Another Love" 10 1 18 30 29 6 35
"—" denota aqueles sinxelos que non chegaron ás listaxes ou non foron lanzados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 http://www.dailymail.co.uk/home/moslive/article-2279338/Tom-Odell-Women-rock-stars--I-want-like-Adele-The-Brit-Award-winner-poised-superstardom.html
  2. 2,0 2,1 2,2 http://www.glamourmagazine.co.uk/celebrity/entertainment/monitor/2013/02/tom-odell-interview-music-long-way-down
  3. http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/sftw/4673489/Tom-Odell-on-songwriting-since-age-of-13.html
  4. http://cml.sad.ukrd.com/audio/214444.mp3
  5. http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs
  6. http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/bizarre/4744775/Tom-Odell-talks-to-The-Sun.html
  8. http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs
  9. 9,0 9,1 http://www.youtube.com/watch?v=DfhxHfzMqfs
  10. https://soundcloud.com/in-demand-scotland/tom-odell-interview
  11. http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs
  12. http://uk.omg.yahoo.com/news/lily-allen-gushes-brits-critics-choice-winner-tom-153155372.html
  13. 13,0 13,1 "'Songs From Another Love' by Tom Odell". iTunes. https://itunes.apple.com/gb/album/songs-from-another-love-ep/id569506464. Consultado o 2012-12-22.
  14. "Later... with Jools Holland - Series 41, Episode 10". BBC. 2012-11-30. http://www.bbc.co.uk/programmes/b01p6q5s. Consultado o 2012-12-22.
  15. http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs
  16. "BBC One – Love 2013". TV Ad Music. 2 January 2013. http://www.tvadmusic.co.uk/2013/01/bbc-one-love-2013/. Consultado o January 2, 2013.
  17. http://www.digitalspy.ie/music/news/a460189/tom-odell-performs-at-burberrys-london-fashion-week-show-video.html
  18. "Laura Mvula, Tom Odell and AlunaGeorge for BRITs Critics' Choice 2013". Digital Spy. 2012-12-06. http://www.digitalspy.co.uk/music/news/a443350/laura-mvula-tom-odell-alunageorge-for-brits-critics-choice-2013.html. Consultado o 2012-12-22.
  19. 19,0 19,1 "'Long Way Down' by Tom Odell". Amazon.co.uk. http://www.amazon.co.uk/gp/product/B00ADZCDKM. Consultado o 2012-12-22.
  20. http://www.bbc.co.uk/newsbeat/22275623
  21. jmacneil (2013-02-07). "Welcome to ShawConnect – Music Blog – Interview: Rising star Tom Odell". Blogs.shawconnect.ca. http://blogs.shawconnect.ca/music/interview-rising-star-tom-odell/. Consultado o 2013-03-29.
  22. "Tom Odell named BRITs Critics' Choice Winner". Sky News. 2012-12-20. http://news.sky.com/story/1028016/tom-odell-named-brits-critics-choice-winner. Consultado o 2012-12-22.
  23. 23,0 23,1 Tan, Emily (2012-10-31). "Introducing: Tom Odell". The Line Of Best Fit. http://www.thelineofbestfit.com/new-music/introducing/tom-odell-111986. Consultado o 2013-03-29.
  24. "Street North East | Interview with Tom Odell ahead of Jake Bugg show, in Newcastle". Streetnortheast.com. 2012-11-30. http://www.streetnortheast.com/news/interview-with-tom-odell-ahead-of-jake-bugg-show-in-newcastle/. Consultado o 2013-03-29.
  25. Olivia Schaff, The Digital Fix (2012-12-20). "Tips 2013: Tom Odell | Feature | Music @ The Digital Fix". Music.thedigitalfix.com. http://music.thedigitalfix.com/content/18281/tips-2013-tom-odell.html. Consultado o 2013-03-29.
  26. http://www.femalefirst.co.uk/music/interviews/tom-odell-interview-288498.html
  27. First Name *. "Get To Know: Tom Odell | Music". Hunger Tv. http://www.hungertv.com/music/feature/get-to-know-tom-odell/. Consultado o 2013-03-29.
  28. 28,0 28,1 "Tom Odell > UK Charts". officialcharts.com/. http://www.officialcharts.com/artist/_/tom%20odell/.
  29. 29,0 29,1 Peak positions in Ireland:
  30. "Discografie Tom Odell". ultratop.be/nl/ Hung Medien. http://www.ultratop.be/nl/showinterpret.asp?interpret=Tom+Odell.
  31. "Discographie Tom Odell". ultratop.be/fr/ Hung Medien. http://www.ultratop.be/fr/showinterpret.asp?interpret=Tom+Odell.
  32. "Discografie Tom Odell". charts.de/ Hung Medien. http://www.charts.de/artist.asp?name=Tom+Odell&country=de.
  33. "Discografie Tom Odell". dutchcharts.nl/ Hung Medien. http://www.dutchcharts.nl/showinterpret.asp?interpret=Tom+Odell.
  34. "Discographie Tom Odell". hitparade.ch/ Hung Medien. http://hitparade.ch/showinterpret.asp?interpret=Tom+Odell.
  35. "Tom Odell - "Can't Pretend" - Single". iTunes. https://itunes.apple.com/gb/album/cant-pretend-single/id616811383. Consultado o 2013-03-17.
  36. "Tom Odell - "Hold Me" - Single". iTunes. https://itunes.apple.com/gb/album/hold-me/id603973636. Consultado o 2013-03-17.