Billy Joel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billy Joel
Billy Joel Shankbone NYC 2009.jpg
Nome completo William Martin Joel
Naceu 9 de maio de 1949 (65 anos)
Orixe Bronx, Nova York Flag of the United States.svg
Ocupación (s) cantautor, compositor
Instrumento(s) voz, piano, guitarra, harmónica, teclados, acordeónn, órgano
Tempo en activo 1964 - actualidade

William Martin "Billy" Joel, nado o 9 de maio de 1949, é un pianista, cantautor e compositor estadounidense. Dende a edición da súa primeira canción exitosa, "Piano Man" en 1973, Joel converteuse no sexto artista con maior número de discos vendidos e o terceiro en solitario nos Estados Unidos, segundo a RIAA[1]. O seu álbum recompilatorio Greatest Hits Vol. 1 & 2 é o terceiro álbum máis vendido nos Estados Unidos.

Joel tivo éxitos top 40 nos 70, 80 e 90, conseguindo 33 deles nos Estados Unidos, todos compostos por el. Foi tamén gañador de 6 premios Grammy, e estivo nomeado en 23 ocasións a estes galardóns. Trátase dun dos artistas con máis vendas de todos os tempos, chegando a vender ao redor de 150 millóns de discos en todo o mundo[2]. Entrou no Songwriter's Hall of Fame (1992), o Rock and Roll Hall of Fame (1999), e o Long Island Music Hall of Fame (2006). No ano 2008 a revista Billboard publicou unha lista dos principais artistas que acadaron o Hot 100 ao longo da súa historia para celebrar o seu 50 aniversario, e Billy Joel foi situado no número 23. Coas excepcións das cancións de 2007 "All My Life" e "Christmas in Fallujah", Joel deixou de compoñer e gravar música popular tras o álbum River of Dreams de 1993, pero continuu xirando ata 2010.

Notas[editar | editar a fonte]