Beach House
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Beach House | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Baltimore, Maryland, |
| Período | 2004 - actualidade |
| Xénero(s) | indie rock, indie pop, dream pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Carpark, Bella Union, Sub Pop, We Are Free, Arts & Crafts México |
| Membros | Victoria Legrand Alex Scally |
| Antigos membros | |
| Web oficial | beachhousebaltimore.com |
Beach House é un dúo estadounidense de dream pop procedente de Baltimore, Maryland e formado no ano 2004. A banda está composta por Victoria Legrand e Alex Scally. O primeiro álbum do grupo, o auto-titulado Beach House (2006), foi aclamado pola crítica, e foi seguido por Devotion no ano 2008. O seu terceiro traballo, Teen Dream, apareceu en xaneiro do 2010 con boas críticas e éxito comercial e o seu derradeiro disco ata a data, Bloom, publicouse no ano 2012.
Discografía[editar]
- Beach House - 2006 (Carpark)
- Devotion - 2008 (Carpark)
- Teen Dream - 2010 (Sub Pop)
- Bloom - 2012 (Sub Pop)