Jeff Buckley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jeffrey Scott Buckley, nado en Anaheim, California, o 17 de novembro de 1966 e finado en Memphis, Tennessee, o 29 de maio de 1997, foi un cantautor e guitarrista estadounidense reputado polo seu peculiar rango vocal de polo menos catro oitavas e media. Trala publicación en 1994 do álbum de debut Grace, a crítica considerouno un dos artistas máis prometedores da súa xeración.[Cómpre referencia]. Non obstante, na cima da popularidade, morreu afogado mentres nadaba no río Wolf.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1993 - Live at Sin-é
  • 1994 - Grace
  • 1995 - Live from the Bataclan
  • 1998 - Sketches for My Sweetheart the Drunk
  • 2000 - Mystery White Boy
  • 2001 - Live a L'Olympia
  • 2002 - Songs To No One 1991-1992
  • 2002 - The Grace EPs
  • 2004 - Grace (Legacy Edition)
  • 2007 - So Real: Songs from Jeff Buckley

Documentais[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Jeff Buckley