Radiohead
| Radiohead | |
|---|---|
Radiohead: Thom Yorke, Jonny Greenwood, Colin Greenwood, Ed O'Brien e Phil Selway |
|
| Información | |
| Orixe | Abingdon, Oxfordshire, |
| Período | 1985 – presente |
| Xénero(s) | rock alternativo, música electrónica, rock experimental |
| Selo(s) discográfico(s) | XL, TBD, Parlophone, Capitol |
| Membros | Thom Yorke Jonny Greenwood Ed O'Brien Colin Greenwood Phil Selway |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.radiohead.com |
Radiohead é unha banda de rock alternativo procedente de Abingdon, Oxfordshire, Reino Unido e formada en 1985. A banda está constituída por Thom Yorke (voces, guitarra rítmica, piano), Jonny Greenwood (guitarra principal, teclados e outros), Ed O'Brien (guitarra, coros), Colin Greenwood (baixo, sintetizador) e Phil Selway (batería, percusión).
Radiohead editou o seu primeiro sinxelo, "Creep", en 1992. A canción converteuse nun éxito, e fíxose mundialmente coñecida despois da edición do seu álbum de estrea, Pablo Honey, en 1993. A súa popularidade aumentou no Reino Unido co lanzamento en 1995 do seu segundo traballo, The Bends. O seu terceiro álbum, OK Computer (1997), fixo medrar a súa fama internacional.
Kid A (2000) e Amnesiac (2001) marcaron unha evolución no estilo de Radiohead, ao incorporar elementos da música electrónica, do Krautrock, do post-punk e do jazz. Hail to the Thief, aparecido no 2003, mestura un rock guitarreiro, con elementos electrónicos e letras inspiradas na guerra e foi o seu derradeiro traballo co selo EMI.
O seu seguinte traballo, In Rainbows, foi editado independentemente no 2007, nun principio como descarga dixital, onde os clientes podían decidir canto desexaban pagar, e posteriormente en formato físico.
Índice |
[editar] Discografía
[editar] Álbums
- Pablo Honey - 1993 (Parlophone/Capitol)
- The Bends - 1995 (Parlophone/Capitol)
- OK Computer - 1997 (Parlophone/Capitol)
- Kid A - 2000 (Parlophone/Capitol)
- Amnesiac - 2001 (Parlophone/Capitol)
- Hail to the Thief - 2003 (Parlophone/Capitol)
- In Rainbows - 2007 (auto-editado)
- The King of Limbs - 2011 (auto-editado)
[editar] EPs
- Drill - 1992
- Itch - 1994 Xapón e Nova Celandia
- My Iron Lung - 1994
- No Surprises/Running From Demons - 1997 Xapón
- Airbag/How Am I Driving? - 1998 Estados Unidos
- I Might Be Wrong: Live Recordings - 2001
- COM LAG (2plus2isfive) - 2004 Xapón
[editar] Outros
[editar] Sinxelos
| Ano | Canción | Lista de vendas do Reino Unido | Álbum |
|---|---|---|---|
| 1992 | Prove Yourself | 101 | Drill EP |
| 1992 | Creep | 78 | Pablo Honey |
| 1993 | Anyone Can Play Guitar | 32 | Pablo Honey |
| 1993 | Pop is Dead | 42 | - |
| 1993 | Creep (re-edición) | 7 | Pablo Honey |
| 1993 | Stop Whispering | S/D (Só nos E.E.U.U.) | Pablo Honey |
| 1994 | My Iron Lung | 24 | The Bends |
| 1995 | High and Dry | 17 | The Bends |
| 1995 | Planet Telex | 17 | The Bends |
| 1995 | Fake Plastic Trees | 20 | The Bends |
| 1995 | Just | 19 | The Bends |
| 1996 | Street Spirit (Fade Out) | 5 | The Bends |
| 1996 | The Bends | S/D (Só en Irlanda) | The Bends |
| 1997 | Paranoid Android | 3 | OK Computer |
| 1997 | Karma Police | 8 | OK Computer |
| 1998 | No Surprises | 4 | OK Computer |
| 2001 | Pyramid Song | 5 | Amnesiac |
| 2001 | Knives Out | 13 | Amnesiac |
| 2003 | There there | 4 | Hail to the Thief |
| 2003 | Go to Sleep | 12 | Hail to the Thief |
| 2003 | 2 + 2 = 5 | 15 | Hail to the Thief |
[editar] Multimedia
[editar] Vídeos
- Live at the Astoria (1995, VHS)
- 7 Television Commercials (1998, VHS/DVD)
- Meeting People Is Easy (1999, VHS/DVD)
- The Most Gigantic Lying Mouth Of All Time (2004, DVD)
- Live at the Astoria [Re-edición] (2005, DVD)
[editar] Libros
- Radiohead: An Illustrated Biography de Nick Johnstone (1997, ISBN 0-7119-6581-1)
- Radiohead: From a Great Height de Jonathan Hale (1999, ISBN 1-55022-373-9)
- Radiohead: Hysterical and Useless de Martin Clarke (2000, ISBN 0-85965-332-3)
- Exit Music: The Radiohead Story de Mac Randall, (2000, ISBN 0-385-33393-5)
- Radiohead: Back to Save the Universe de James Doheny (2002, ISBN 1-56025-398-3)
- Radiohead: A Visual Documentary de Tim Footman e Billy Dancer (2002, ISBN 1-84240-179-3)
- The Music and Art of Radiohead editado por Joseph Tate (2005, ISBN 0-7546-3980-0)
[editar] Notas
- Ross, Alex (August 20 and 27, 2001). The Searchers: Radiohead's unquiet revolution. The New Yorker.
- Rock On The Net: Radiohead
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en inglés)
|
|||||||||||||||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |