The Lemonheads

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Lemonheads
The Lemonheads 01.jpg
Orixe Boston, Massachusetts, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1986 - 1997
2005 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Warner Music, Atlantic Records, Vagrant Records, Taang! Records
Membros Evan Dando
Vess Ruhtenberg
Devon Ashley
Mark Cutsinger
Na rede
thelemonheads.net

The Lemonheads é unha banda de rock alternativo estadounidense formada na cidade de Boston en 1986. O seu líder e único membro permanente é o guitarrista e vocalista Evan Dando. En 1997 a banda deixou de tocar e no ano 2005 Evan decidiu retomar o proxecto e editou The Lemonheads en 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Evan Dando, Ben Deily e Jesse Peretz formaron The Lemonheads na súa adolescencia cando asistían á Commonwealth School en Boston. Orixinalmente a banda chamábase The Whelps, ata que a inspiración chegoulles dun tipo de larpeirada, que segundo Dando era "dulce no interior e amargo no exterior". O grupo gravou e autoeditou un EP de 7" chamado Laughing All the Way to the Cleaners, e o seu primeiro concerto foi o día 18 de agosto de 1986.

Despois do instituto, Dando matriculouse na Skidmore College pero non puido manter as súas notas e deixou as clases para continuar coa súa carreira musical. A banda asinou co selo local Taang! Records e editou con el os álbums Hate Your Friends (1987), Creator (1988) e Lick (1989), con Deily e Dando compartindo as voces principais e as composicións. O grupo gozou dunha boa cantidade de tempo de emisión na radios universitarias e fíxose popular no tempo da aparición da escena indie rock, ata que Deily deixou a banda en 198. Dando entón recrutou a David Ryan para a batería e asinou co grande selo Atlantic Records, editando o álbum Lovey en agosto de 1990. A cabalo entre o punk rock, o country e o heavy metal, Lovey apareceu un ano antes do éxito comercial do grunge.

Chegada da fama[editar | editar a fonte]

Dando marchou a Australia para compoñer algúns temas cos seus amigos Nic Dalton e Tom Morgan. Esas canción foron a base para o álbum It's a Shame about Ray, que os lanzaría cara o gran público. Unha versión de "Mrs. Robinson" lanzouse como sinxelo e fixo que tivesen moita cobertura nos medios. Cando oálbum foi reeditado o tema foi incluído ao final do tracklist. A banda gozou dalgún éxito nas radios universitarias e de cara o público xeral. Durante os ano 1992 e 1993 a faciana de Dando apareceu en bastantes portadas de revistas, e foi incluído na lista das 50 persoas máis fermosas da revista People.

En outubro de 1993 editaron o álbum Come on Feel the Lemonheads. O disco tivo bastante éxito grazas a temas coma "Style" e "The Jello Fund", e chegou modestamente ao gran público co sinxelo "Into Your Arms". A banda continuou de xira cos algúns cambios na formación, entrado na banda o baixista Mike County e o guitarrista Bill Peterson.

A esas alturas os problemas de Dando coas drogas comezaban a facerse evidentes. Nunha entrevista perdeu a súa voz despois de fumar crack, e el admitíu ter un problema de adicción.

En 1996 Dando reformou The Lemonheads, contando con John Strohm e Murph (ex-Dinosaur Jr.), así como co baixista Bill Gibson da banda australiana The Eastern Dark. Esta formación editou o álbum Car Button Cloth, que amosaba o lado máis escuro de Dando.

The Lemonheads xirou con bastante éxito durante o ano 1997 e realizou o seu último concerto no británico Reading Festival antes de entrar en inactividade. Evan Dando continuou dando concertos en solitario.

Hiato[editar | editar a fonte]

Atlantic Records editou o recompilatorio The Best Of The Lemonheads en agosto de 1998. Entre os anos 1998 e 2004 Evan Dando fixo algunhas xiras en solitario tocando cancións da banda, pero nunca se confirmou unha reunión oficial. Durante este tempo, Dando editou un álbum ao vivo, Live at the Brattle Theatre, no 2001, e un álbum en solitario, Baby I'm Bored, no 2003. Tamén co-escribíu o tema "The Last High" con Courtney Taylor-Taylor de The Dandy Warhols paro o álbum Welcome To The Monkey House da banda de Courtney.

Regreso[editar | editar a fonte]

Despois de nove anos sen gravar, no verán do 2005 anunciaron que a banda se reformara para gravar, incorporando a Bill Stevenson e a Karl Alvarez, membros de The Descendents. Nos últimos anos esta formación foi variando en directo, e pola banda tamén pasaron George Berz (Dinosaur Jr.) á batería e Josh Lattanzi ao baixo.

O 14 de setembro do 2005, Dando, Stevenson e Lattanzi realizaron dous concertos no Shepherds Bush Empire de Londres como parte das series ATP Don't Look Back, onde tocaron o álbum It's a Shame About Ray enteiro.

En abril do 2006 a banda asinou un contrato coa discográfica Vagrant Records, coa cal editaron o álbum The Lemonheads o día 26 de setembro dese ano. O disco conta coa colaboración de Garth Hudson e J Mascis nalgúns dos temas. Para promocionalo, Dando xirou polo Reino Unido, Europa e os Estados Unidos a finais de ano cunha banda formada por Vess Ruhtenberg (baixo) e Devon Ashley (batería) do grupo The Pieces. Nos Estados Unidos foron teloneados por Vietnam and Hymns. O grupo tocou coa mesma formación durante os anos 2007 e 2008. Coa formación que gravou o disco, Alvarez e Stevenson, dando tocou nunha pequena xira estadounidense de 20 datas a finais do 2007.

En marzo de 2008 apareceu unha edición deluxe do seu álbum de 1992 It's a Shame About Ray, lanzada polo selo Rhino Records. Esta conta con demos, caras-B e un DVD co material que aparecera previamente no VHS Two Weeks In Australia, que amosaba imaxes da súa xira por este país despois do lanzamento do álbum. Para promocionar a reedición, Dando, Ruhtenberg e Ashley interpretárono enteiramente en varios concertos entre marzo e maio do 2008. Posteriormente a banda marchou a Europa con Vess Ruhtenberg e P. David Hazel (batería).

O 23 de xuño do 2009 The Lemonheads editou Varshons, unha colección de once versións, con temas de Gram Parsons, Wire, GG Allin e Christina Aguilera. O álbum conta coa colaboración da actriz Liv Tyler, que fai un dueto no tema de Leonard Cohen "Hey That's No Way To Say Goodbye".

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Lemonheads