Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesse Peretz, nado o 19 de maio de 1968 en Cambridge, Massachusetts, é un baixista e director de videos musicais estadounidense.
Traxectoria[editar]
Peretz foi un dos membros fundadores da banda de rock alternativo The Lemonheads. Deixou o grupo como músico antes do lanzamento do álbum It's A Shame About Ray, porén, continuou traballando con eles como fotógrafo e director de videoclips. Os seus primeiros videos para The Lemonheads foron os de "Mrs. Robinson", "Confetti" e "It's a Shame about Ray". Tamén dirixiu videos para Foo Fighters, Jack Black e The Breeders, e tamén creou e co-dirixiu as viñetas cómicas "Jimmy the Cab-Driver" para a MTV cos seus amigos de Harvard, Donal Logue e Clay Tarver. Peretz fixo tamén anuncios publicitarios para marcas como Nike, Ikea e Sony PlayStation. No ano 1998 dirixiu unha película chamada First Love, Last Rites e dende entón leva realizadas tres máis.
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| Álbums de versións |
|
|
| EP e outros |
|
|
| Sinxelos |
|
|