The Dandy Warhols
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Dandy Warhols | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Portland, Oregon, |
| Período | 1993 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, rock psicodélico |
| Selo(s) discográfico(s) | Capitol, Tim/Kerr |
| Membros | Courtney Taylor-Taylor Peter Holmström Zia McCabe Brent De Boer |
| Antigos membros | Eric Hedford |
| Web oficial | dandywarhols.com |
The Dandy Warhols é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Portland, Oregon, por Courtney Taylor-Taylor (voces, guitarra), Zia McCabe (teclados), Peter Holmström (guitarra) e Eric Hedford (batería), que deixou o grupo en 1998 e foi substituido por Brent De Boer. O seu nome é un xogo de palabra co nome do creador do pop-art Andy Warhol.
The Dandy Warhols están fortemente influenciados por The Velvet Underground, The Beach Boys, Simon and Garfunkel, The Beatles, The Shadows e The Rolling Stones.