Supercopa de Europa 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supercopa de Europa 2021
O Windsor Park de Belfast.

Tras o tempo extra
o Chelsea gaña 6–5 nos penaltis

Data11 de agosto de 2021
Estadio Windsor Park, Belfast
Asistencia10.435 espectadores[1]
Árbitro Sergei Karasev[2]
Xogador do partidoEspaña Gerard Moreno[3]
TempoParcialmente nubrado
18 °C (64 °F)
59% de humidade[4]
Supercopa Europa 2020Supercopa Europa 2022

A Supercopa de Europa 2021 foi a 46ª edición da Supercopa da UEFA, un partido de fútbol anual organizado pola UEFA e disputado polos gañadores dos dous principais campionatos de clubs europeos, a UEFA Champions League e a UEFA Europa League. O encontro deste ano contou coa presenza do Chelsea, vencedores da Champions League 2020-21, e mais do Villarreal, campións da Europa League 2020-21. Xogouse no Windsor Park de Belfast en Irlanda do Norte o 11 de agosto de 2021.

O Chelsea proclamouse campión tras vencer por 6–5 nos penaltis[5] despois dun empate a 1 que se mantivo durante o tempo extra, logrando a súa segunda Supercopa de Europa.[3]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Club Clasificación Participacións previas
Inglaterra Chelsea Campións da UEFA Champions League 2020–21 4 (1998, 2012, 2013, 2019)
España Villarreal Campións da UEFA Europa League 2020–21 Debut

  • En letra negra - campións da edición

Selección da sede[editar | editar a fonte]

O Windsor Park de Belfast.

O 28 de setembro de 2018 abriuse o proceso de selección da UEFA para escoller as sedes das finais da UEFA Champions League, UEFA Europa League e mais a UEFA Champions League Feminina de 2021. As asociacións tiveron ata o 26 de outubro de 2018 para manifestar o seu interese e ata o 15 de febreiro de 2019 para presentar os seus expedientes.

A UEFA anunciou o 1 de novembro de 2018 que catro asociacións expresaran o seu interese en albergar a Supercopa 2021,[6] e o 22 de febreiro de 2019 que as catro asociacións presentaran os seus expedientes dentro do prazo estabelecido.[7][8]

Asociacións interesadas na Supercopa da UEFA 2021
País Estadio Cidade Capacidade
Belarús Belarús Estadio Dinamo Minsk 22.000
Finlandia Finlandia Estadio Olímpico Helsinqui 36.000
Irlanda do Norte Irlanda do Norte Windsor Park Belfast 18.434
Ucraína Ucraína Estadio Metalist Khárkiv 40.003

O Windsor Park acabou sendo seleccionado polo Comité Executivo da UEFA durante a súa reunión en Ljubljana, Eslovenia o 24 de setembro de 2019.[9][10] O estadio alberga os partidos do Linfield F. C. e da selección de fútbol de Irlanda do Norte.

Árbitros[editar | editar a fonte]

O 6 de agosto de 2021, a UEFA nomeou o ruso Sergei Karasev como árbitro do encontro. Karasev é árbitro da FIFA dende 2010, e arbitrou previamente na Eurocopa 2016, no Mundial de Fútbol de 2018 e na Eurocopa 2020. Estivo acompañado dos compatriotas Igor Demeshko e Maksim Gavrilin como árbitros asistentes, mentres que o belaruso Aleksei Kulbakov foi designado como cuarto árbitro. Marco Fritz de Alemaña foi escollido como o encargado do VAR, xunto co polaco Paweł Gil e o italiano Massimiliano Irrati como árbitros asistentes. Filippo Meli foi elixido como árbitro asistente de reserva.[2]

Partido[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

O Chelsea abriu o marcador tras 27 minutos de partido cando Hakim Ziyech conseguiu anotar na porteria un disparo dende sete metros grazas a un centro baixo desde a esquerda de Kai Havertz. Ziyech tivo que ser substituído por mor dunha mancadura no ombro xusto antes do descanso. Alberto Moreno lanzou unha volea á parte inferior do traveseiro no tempo extra da primeira parte. O Villarreal logrou empatar no minuto 73 cando Gerard Moreno marcou un gol cun remate clínico coa dereita á esquina superior esquerda da rede tras un lanzamento rápido de Boulaye Dia na dereita da área de penalti.[11] O encontro rematou indo a prórroga. O porteiro do Chelsea Édouard Mendy foi substituído no último minuto por Kepa Arrizabalaga. Kepa Arrizabalaga parou dous penaltis: o decisivo, tirado por Raúl Albiol abaixo e á dereita, permitiu ao Chelsea gañar por 6-5 na quenda de penaltis, proclamándose Supercampión de Europa.[5]

Detalles[editar | editar a fonte]

Inglaterra Chelsea 1 - 1
(Penaltis 6-5)
España Villarreal 11 de agosto de 2021, 21:00 (CEST) – Windsor Park, Belfast
Asistencia: 10.435 espectadores[1]
Árbitro: Sergei Karasev
Ziyech Anotado no 27º minuto 27'

Havertz Erra penalti
Azpilicueta Anotado
Alonso Anotado
Mount Anotado
Jorginho Anotado
Pulisic Anotado
Rüdiger Anotado
Informe
Anotado no 73º minuto 73' Moreno

Anotado Gerard
Erra penalti Mandi
Anotado Estupiñán
Anotado Gómez
Anotado Raba
Anotado Foyth
Erra penalti Albiol
 
Chelsea F.C.[4]


Villareal C.F.[4]


CHELSEA F.C.
PO 16 Senegal Édouard Mendy Sae aos 119 minutos 119'
DF 15 Francia Kurt Zouma Sae aos 66 minutos 66'
DF 14 Inglaterra Trevoh Chalobah
DF 2 Alemaña Antonio Rüdiger Amoestado no minuto 44º 44'
MC 20 Inglaterra Callum Hudson-Odoi Sae aos 82 minutos 82'
MC 7 Francia N'Golo Kanté (c) Sae aos 65 minutos 65'
MC 17 Croacia Mateo Kovačić
MC 3 España Marcos Alonso
DC 22 Marrocos Hakim Ziyech Sae aos 43 minutos 43'
DC 29 Alemaña Kai Havertz
DC 11 Alemaña Timo Werner Sae aos 65 minutos 65'
Substitucións:
PO 1 España Kepa Arrizabalaga Amoestado Nos penaltis Entra aos 119 minutos 119'
DF 4 Dinamarca Andreas Christensen Entra aos 66 minutos 66'
DF 6 Brasil Thiago Silva
DF 21 Inglaterra Ben Chilwell
DF 24 Inglaterra Reece James
DF 28 España César Azpilicueta Entra aos 82 minutos 82'
DF 33 Italia Emerson
MC 5 Italia Jorginho Entra aos 65 minutos 65'
MC 10 Estados Unidos Christian Pulisic Entra aos 43 minutos 43'
MC 19 Inglaterra Mason Mount Entra aos 65 minutos 65'
DC 9 Inglaterra Tammy Abraham
DC 12 Inglaterra Ruben Loftus-Cheek
Adestrador:
Alemaña Thomas Tuchel Amoestado no minuto 45+1º 45+1'
VILLARREAL C.F.
PO 1 España Sergio Asenjo
DF 8 Arxentina Juan Foyth
DF 3 España Raúl Albiol (c)
DF 4 España Pau Torres
DF 24 España Alfonso Pedraza Sae aos 58 minutos 58'
MC 14 España Manu Trigueros Sae aos 70 minutos 70'
MC 25 Francia Étienne Capoue Sae aos 70 minutos 70'
MC 18 España Alberto Moreno Sae aos 85 minutos 85'
DC 21 España Yeremi Pino Amoestado no minuto 61º 61' Sae aos 91 minutos 91'
DC 7 España Gerard Moreno
DC 16 Senegal Boulaye Dia Sae aos 85 minutos 85'
Substitucións:
PO 13 Arxentina Gerónimo Rulli
DF 2 España Mario Gaspar Entra aos 70 minutos 70'
DF 12 Ecuador Pervis Estupiñán Entra aos 58 minutos 58'
DF 15 España Jorge Cuenca
DF 20 España Rubén Peña
DF 22 Alxeria Aïssa Mandi Entra aos 91 minutos 91'
MC 6 España Manu Morlanes Entra aos 85 minutos 85'
MC 10 España Vicente Iborra
MC 17 España Dani Raba Amoestado no minuto 119º 119' Entra aos 85 minutos 85'
MC 23 España Moi Gómez Entra aos 70 minutos 70'
DC 9 España Paco Alcácer
DC 34 España Fer Niño
Adestrador:
España Unai Emery

Xogador do partido:
España Gerard Moreno[3]

Árbitros asistentes:[2]
Igor Demeshko
Maksim Gavrilin
Cuarto árbitro:[2]
Belarús Aleksei Kulbakov
Árbitro asistente de reserva:[2]
Italia Filippo Meli
Árbitro VAR:[2]
Alemaña Marco Fritz
Árbitros asistentes do VAR:[2]
Polonia Paweł Gil
Italia Massimiliano Irrati

Regras do partido[12]

  • 90 minutos
  • 30 minutos de tempo extra se fose necesario
  • Tiros de penalti se o marcador seguise igualado
  • Máximo de doce substitutos na banca
  • Máximo de tres substitucións, cun cuarto permitido na prórroga[nota 1]
Campión
Chelsea F.C.
2.º título

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cada equipo tivo só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo regulamentario, cunha cuarta oportunidade no tempo extra. Estas tres ventás de substitución exclúen as substitucións feitas no descanso, antes do comezo do tempo extra e no descanso no tempo extra.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Full Time Report Final – Chelsea v Villarreal" (PDF). UEFA.com. UEFA. 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Sergei Karasev to referee 2021 UEFA Super Cup match". UEFA. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Chelsea 1–1 Villarreal (pens: 6–5): Kepa edges Blues to silverware". UEFA.com (UEFA). 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Tactical line-ups" (PDF). UEFA.com. UEFA. 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Chelsea 1 Villarreal 1 (6-5 on pens)". BBC Sport. 11 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  6. "11 associations interested in hosting 2021 club finals". UEFA. 1 de novembro de 2018. 
  7. "9 associations bidding to host 2021 club finals". UEFA.com. 22 de febreiro de 2019. 
  8. "Match Press Kit" (PDF). UEFA.com. 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  9. "2021 Super Cup to take place in Belfast". UEFA.com (UEFA). 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  10. "UEFA Executive Committee agenda for Ljubljana meeting". UEFA.com (UEFA). 17 de setembro de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  11. "Kepa the hero as Chelsea beat Villarreal on penalties to win Uefa Super Cup". Guardian. 11 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  12. "Regulations of the UEFA Super Cup, 2021". UEFA. 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Supercopa de Europa 2020

Supercopa de Europa

XLVI edición
Sucesor:
Supercopa de Europa 2022