Legia Warszawa
| Nome | Klub Piłkarski Legia Warszawa | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Wojskowi (Militares), Legioniści (Lexionarios) | ||
| Fundación | 1927 | ||
| Estadio | Pepsi Arena Varsovia, Polonia |
||
| Inauguración | 1930 | ||
| Capacidade | 31.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Ekstraklasa | ||
| 2010–11 | 3º | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O KP Legia Warszawa é un club profesional de fútbol da cidade de Varsovia, en Polonia, fundado en marzo de 1916 durante a Primeira Guerra Mundial como equipo dos lexionarios polacos, de aí o seu nome. Trala guerra quedou como equipo oficial do exército. En 1927 foi un dos 14 equipos fundadores da primeira edición da liga polaca, competición na que acadou o seu primeiro título en 1955. Na actualidade é un dos equipos punteiros do fútbol polaco, 1º na clasificación histórica da Ekstraklasa, con 8 títulos de liga no seu palmarés, 14 títulos de copa, 4 de supercopa e 1 de copa da liga. Nas competicións europeas acadou os seus mellores resultados en 1970 e 1991, disputando as semifinais da Copa de Europa 1969-70 e as semifinais da Recopa de Europa 1990-91.
O Legia disputa os seus encontros como local no Pepsi Arena, chamado así por razóns de patrocinio. O recinto foi inaugurado en 1930 e totalmente reconstruido entre 2008 e 2011. A capacidade do estadio trala reconstrucción é de 31.000 espectadores, todos sentados.
Índice |
Palmarés [editar]
- Liga Polaca (8) = 1955, 1956, 1968-69, 1969-70, 1993-94, 1994-95, 2001-02, 2005-06
- Copa Polaca (14) = 1955, 1956, 1964, 1966, 1973, 1980, 1981, 1989, 1990, 1994, 1995, 1997, 2008, 2011
- Supercopa Polaca (4) = 1989, 1994, 1997, 2008
- Copa da Liga Polaca (1) = 2002
Cadro de xogadores [editar]
No cadro de xogadores que compoñen o equipo salienta o galego Nacho Novo, que asinou co equipo polaco o 16 de febreiro de 2012.
|
|
Algúns dos xogadores mais salientables que defenderon as cores do Legia ó longo da súa historia son Kazimierz Deyna (Balón de Bronce en 1974), Ernst Pohl (máximo goleador histórico da liga polaca), Lucjan Brychczy (2º máximo goleador histórico da liga polaca) e Michał Żewłakow (xogador polaco con mais encontros coa súa selección nacional).