GNK Dinamo Zagreb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinamo Zagreb
NomeGrađanski nogometni klub Dinamo Zagreb
Fundación9 de xuño de 1945
EstadioMaksimir
Inauguración5 de maio de 1912
Capacidade38.923
PresidenteCroacia Mirko Barisic
AdestradorCroacia ?
LigaPrva HNL
2022–23
Na rede
http://gnkdinamo.hr/
Facebook: dinamo Twitter: gnkdinamo Instagram: gnkdinamo Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O NK Dinamo Zagreb (en croata: Građanski Nogometni Klub Dinamo Zagreb) é un club de fútbol da cidade de Zagreb, Croacia. Fundouse en 1945 e mantén unha gran rivalidade co Hajduk Split, co cal disputa o Derbi Eterno de Croacia.

Trátase do actual campión da Prva HNL, Primeira División de Croacia.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois da segunda guerra mundial, os tres equipos de fútbol de Zagreb (HAŠK, Građanski e Concordia) foron desmantelados e creouse un novo equipo a partir deses clubs, que chamouse Dinamo, o 9 de xuño de 1945. O novo equipo nutriuse principalmente de xogadores do Građanski (dirixidos polo seu anterior adestrador, Marton Bukovie) e comezou a xogar no antigo estadio do HAŠK. Posteriormente o equipo tomou as cores do Građanski e, desde 1969, un escudo similar ao dese antigo club.

Durante a época na que o equipo permaneceu na República Federal Socialista de Iugoslavia, o Dinamo Zagreb logrou catro Ligas de Iugoslavia (1948, 1952, 1958 e 1982), sete Copas de Iugoslavia (1951, 1960, 1963, 1965, 1969, 1980 e 1983), a Copa de Feiras 1966-67 e a Copa dos Balcáns de 1977.

Tras a independencia de Croacia en 1991, o equipo cambiou a súa denominación e pasou a chamarse HAŠK-Građanski, para en 1993 cambiar de novo o seu nome ao de Croacia Zagreb. O cambio de nome trataba de renegar de Iugoslavia, pero non contou co apoio dos seus seareiros, que continuaban chamando ao equipo Dinamo e vían o cambio como unha traizón á historia do club. Finalmente, no ano 2000 o club recuperou o nome NK Dinamo Zagreb.

Co nacemento da Prva HNL mantén unha rivalidade co Hajduk Split polo dominio dos campionatos nacionais. O club logrou 10 campionatos de Liga, 9 copas e 8 supercopas desde entón.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Maksimir.

O NK Dinamo Zagreb xoga de local no estadio Maksimir, inaugurado en 1912 e con capacidade para 40.000 espectadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]