Castelo de Frederiksborg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O castelo de Frederiksborg chámase así por estar construído na vila dinamarquesa de Hillerød, que até o ano 1910 aproximadamente foi coñecida co nome alternativo de Frederiksborg.
Índice |
Historia [editar]
A primeira parte do castelo foi construída en 1560 baixo o mandato do rei Federico II de Dinamarca. A finalización definitiva das obras tería lugar en 1840. Con todo, foi entre os anos 1602 e 1620 cando se levou a cabo o groso do obra palaciana, reinando daquela Christian IV de Dinamarca. O palacio sufriu un incencio en 1839 volvendo ser reconstruído posteriormente. Hoxe é a sede do Museo de Historia de Dinamarca.