Costa Daurada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabo Salou

Costa Daurada (en galego: Costa Dourada) é o nome turístico asignado á costa do mar Balear, no Mediterráneo, situada na provincia catalá de Tarragona, desde o norte ata o delta do Ebro.

Un dos atractivos turísticos de Costa Daurada é o parque temático Port Aventura, situado entre os concellos de Vila-seca e Salou, moi preto da cidade de Tarragona. Ademais pódense atopar por todo o litoral lugares pintorescos como El Roc de Sant Gaieta ou l'Arc de Barà, lugares de gran valor, como a cidade de Tarragona declarada patrimonio da humanidade, coas súas ruínas romanas ou tamén varias vilas de pequeno tamaño, ou lugares tan auténticos como Sant Carles de la Ràpita, cun dos mellores portos pesqueiros de toda a costa.