Rota, Cádiz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rota.
Coordenadas: 36°37′N 6°21′W / 36.617°N 6.35°W
| Rota, Cádiz | |
|---|---|
| Castillo de Luna. | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 9 msnm |
| Superficie: | 84 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 29.125 (en 2011) |
| Densidade de poboación: | 346,73 hab./km² |
| Xentilicio: | Roteño/a |
| Información | |
| Código postal: | 11520 |
| Alcalde: | María Eva Corrales Caballero (PP) |
| Sitio na web: | www.aytorota.es |
Rota é un municipio andaluz, pertencente á provincia de Cádiz. Ten unha superficie de 84 km², e limita con Chipiona, Sanlúcar de Barrameda e El Puerto de Santa María. Atópase situada a unha altitude de 9 metros e a 36 quilómetros da capital de provincia, Cádiz. No ano 2008 contaba con 27.918 habitantes, cunha densidade de 332,32 hab/km².
Situada xunto á baía de Cádiz na costa de Océano Atlántico, a medio camiño entre Portugal e Xibraltar, é unha cidade eminentemente turística, un destino de vacacións para viaxeiros procedentes de todos os puntos de Europa. En tempada baixa, a súa principal actividade comercial é a industria pesqueira. No seu termo municipal está situada a Base Naval de Rota.