Castellar de la Frontera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°19′N 05°27′W / 36.317°N 5.450°W / 36.317; -5.450

Castellar de la Frontera
[[Ficheiro:Escudo de Castellar de la Frontera.svg|130px]]


Situación xeográfica
Map of Castellar de la Frontera (Cádiz).png
País España España
Comunidade Autónoma Andalucía
Provincia Cadiz
Comarca Campo de Xibraltar
Xeografía
Altitude 47 msnm
Superficie 178,84 km²
Poboación
Poboación 3.161 hab. (2009)
Densidade 17,68 hab./km²
Xentilicio Castellarense
Chisparrero, ra
Información
Código postal 11350
Alcalde Francisco Vaca García (PSOE) (2003)
Páxina web www.castellardelafrontera.es

Castellar de la Frontera[1] é un municipio español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Forma parte da comarca do Campo de Xibraltar. Limita cos municipios de San Roque, Jimena de la Frontera, Los Barrios e Alcalá de los Gazules, no Parque Natural dos Alcornocales, na chamada Ruta do Touro. O concellos posúe tres núcleos de poboación, que son Castellar Viejo ou El Castillo, o Pueblo Nuevo e La Almoraima. O pobo vello foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1963.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Castellar ten un escudo partido en dous campos. O primeiro de prata con tres faixas xaqueladas de ouro e goles, cargadas cada unha dunha burela de ouro, pertencente á liñaxe Saavedra, condes de Castellar. O segundo de goles cun castelo de ouro aclarado de azul. Vai timbrado coa coroa real española cerrada.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

As coordenadas xeográficas de Castellar son 36º 19' N, 5º 27' O, a 153 quilómetros da capital de provincia, Cádiz. Atópase situado a unha altitude de 47 msnm. A extensión superficial é de 179 km² . No 2005 contaba con 2.874 habitantes, cunha densidade de poboación 16,1 hab/km².

Vista de Castellar vello.
Palacio dos Condes de Castellar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina
  2. Blasón del escudo de Castellar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castellar de la Frontera