Vejer de la Frontera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Vejer de la Frontera

Vejer de la Frontera é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. A locución "de la Frontera" alude á antiga fronteira do Reino de Granada.

No ano 2008 contaba con 12.992 habitantes. A súa extensión superficial é de 264 km² e ten unha densidade de 49,42 hab/km². Posúe 8 km de costa, denominada como a praia de El Palmar de Vejer. Atópase a unha altitude de 201 metros e a 54 quilómetros da capital de provincia, Cádiz, xunto ao río Barbate.

Vejer estivo poboada desde o Paleolítico e xa estaba fortificada na Idade do Bronce. En época prerromana denominouse Besaro e acháronse restos do século VII a. C. debaixo das murallas actuais. Durante a etapa romana pasa a denominarse Baesippo. No 711 pasou a mans musulmás tras a batalla da Janda, na cal os musulmáns, comandados por Tarik, derrotaron a Don Rodrigo. Durante cinco séculos e medio permaneceu baixo dominio musulmán, denominándose Besher.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vejer de la Frontera