Puerto Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPuerto Real
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°31′45″N 6°11′31″O / 36.5291667, -6.1919444Coordenadas: 36°31′45″N 6°11′31″O / 36.5291667, -6.1919444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor em Wikidata
CapitalPuerto Real Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación42.069 (2023) Editar o valor em Wikidata (214,68 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie195,96 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude8 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSebastián Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataElena Amaya León (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11510 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE11028 Editar o valor em Wikidata

Sitio webpuertoreal.es Editar o valor em Wikidata

Puerto Real é un municipio andaluz, pertencente á provincia de Cádiz. Forma parte da Mancomunidade de Municipios Baía de Cádiz. No ano 2008 contaba con 39.648 habitantes. A extensión do seu termo municipal é de 197 km² e ten unha densidade de 202,33 hab/km². Atópase situado a unha altitude de 8 metros sobre o nivel do mar e a 12 quilómetros da capital da provincia, Cádiz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal limita cos de San Fernando ao suroeste, Xerez da Fronteira ao norte, Chiclana de la Frontera ao sur, Medina Sidonia ao sueste e El Puerto de Santa María ao noroeste.

Unha boa parte deste termo municipal forma parte do Parque Natural da Baía de Cádiz que se caracteriza polas súas marismas, que se alagan periodicamente polas mareas, e pola abundancia de aves migratorias. Tamén dispón dunha cantidade importante de esteiros que se utilizan como técnica artesanal de piscicultura; así mesmo, ten piñeirais como Las Canteras, Algaida ou a Dehesa de las Yeguas. Febido a estes piñeirais, Puerto Real adoita denominarse o pulmón verde da Baía. O interior do termo municipal está percorrido por canellóns e carreiros que atravesan o municipio, entre eles destaca o corredor verde Dos Bahías, que une as dúas baías da provincia de Cádiz, a Baía de Cádiz e a Baía de Alxeciras.