Barbate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBarbate
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°11′24″N 5°55′12″O / 36.19, -5.9201Coordenadas: 36°11′24″N 5°55′12″O / 36.19, -5.9201
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor em Wikidata
CapitalBarbate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación22.811 (2023) Editar o valor em Wikidata (159,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie143,36 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude14 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataRafael Quiros Cardenas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11160 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE11007 Editar o valor em Wikidata

Sitio webbarbate.es Editar o valor em Wikidata
Barbate.

Barbate é unha localidade da provincia de Cádiz, Andalucía. No ano 2008 tiña 22.851 habitantes. A súa superficie é de 142 km² e ten unha densidade de 159,4 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 11' N, 5º 55' O. Atópase situada a unha altitude de 14 metros e a 64 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Áchase na costa próxima ao cabo de Trafalgar. Tradicionalmente foi unha poboación pesqueira dedicada tanto na pesca nos caladoiros marroquís como na pesca do atún mediante a arte tradicional da almadraba.

Neste concello atópase o Parque Natural da Breña e Marismas do Barbate, o monumento natural do Tómbolo de Trafalgar, así como o mesmo Cabo Trafalgar.

Trala guerra civil, a localidade é refundada e separada de Vejer de la Frontera e pasa a chamarse Barbate de Franco, contando cun consistorio propio. Non foi até o 7 de marzo de 1998 cando perdeu o apelido Franco mediante decreto da Xunta de Andalucía.[1][2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten un núcleo urbano e algunhas pedanías importantes: Zahara de los Atunes, Los Caños de Meca e Zahora. Posúe 25 quilómetros de costa, onde se encontran as praias de Mangueta, Zahora, Los Caños de Meca, Hierbabuena, Nuestra Señora del Carmen, Cañillos, Pajares e Zahara de los Atunes.

Demografía[editar | editar a fonte]

Pesca do atún en Barbate

Evolución da poboación desde 1940.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2010. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Barbate - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía