Bornos
}
| Bornos | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | Andalucía |
| Provincia: | Cádiz |
| Comarca: | Serra de Cádiz |
| Xeografía | |
| Altitude: | 182 msnm |
| Superficie: | 54,31 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 8.134 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 149,77 hab./km² |
| Xentilicio: | Bornicho, bornense |
| Información | |
| Código postal: | 11640 |
| Alcalde: | Fernando García Navarro (PP) (2007) |
| Sitio na web: | www.udbornense.com |
Coordenadas: 36°49′N 5°44′W / 36.817°N 5.733°W Bornos é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 contaba con 8.123 habitantes. A súa extensión superficial é de 55 km² e atópase a 79 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Actualmente, Bornos vive fundamentalmente da agricultura.
Historia[editar]
Os primeiros restos humanos son do paleolítico inferior ou medio (fai uns 30.000 años). Existen tamén restos que demostran presencia íbera e romana. As ruínas de Carissa Aurelia permiten coñecer esta época. A cidade de Carissa foi primeiro municipio romano e posteriormente "Cives Romani", con dereito incluso a acuñar moeda propia, durante o mandato de Vespasiano.
A poboación actual foi creada arredor do alcázar do Fontanar. Foi tomada por tropas cristiás a mediados do século XIII. Afonso X o Sabio, entregou a poboación a Per del Castel, cabaleiro gaditano. Logo cambia varias veces de man até que en 1398 vendeuse Bornos, o seu castelo e o seu termo, por 3.000 doblas, ao Adelantado Maior de Andalucía Per Afán de Ribera I. Permaneceu baixo o dominio da Casa de Alcalá até a independencia municipal, sendo a súa vinculación tal que o blasón dos Ribera e o escudo da poboación son idénticos.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Bornos - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- WindsurfBornos - Windsurf en Bornos