Alcalá de los Gazules

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcalá de los Gazules
Escudo de Alcalá de los Gazules.svg Flag of Alcalá de los Gazules Spain.svg
Situación xeográfica
Alcalá de los Gazules
Estado: España
Comunidade autónoma: Andalucía
Provincia: Cádiz
Comarca: La Janda
Xeografía
Altitude: 165 msnm
Superficie: 479,59 km²
Poboación
Poboación total: 5.619 (2009)
Densidade de poboación: 11,72 hab/km²
Xentilicio: Alcalaíno
Información
Código postal: 11180
Alcalde: Arsenio Jesús Cordero Domínguez (PSOE)
Sitio na web: www.alcaladelosgazules.es

Alcalá de los Gazules é un concello da provincia de Cádiz na comunidade de Andalucía. No ano 2009 vivían 5.619 habitantes.

Alcalá desde Mirador de Benalup.

Localízase nas estribacións finais da serra de Cádiz, formando parte do que se denomina a ruta do "Toro". Os municipios máis próximos son Jerez de la Frontera, Los Barrios, Jimena de la Frontera, Castellar de la Frontera, San José del Valle, Benalup-Casas Viejas, Medina Sidonia, Paterna de Rivera e Cortes de la Frontera, xa na provincia de Málaga. É conxunto Histórico Artístico desde o ano 1984.

Atópase dentro do Parque Natural Los Alcornocales (comprendendo parte da Serra do Alxibe). Dátase a primeira poboación estable no ano 189 a. C., mais o seu nome obtívoo da conquista musulmá, cando a poboación pasou a chamarse Qalat at Yazula ("Castelo dos Gazules")

As súas principais fontes de ingresos son o turismo e a agricultura.

Demografía [editar]

Evolución da poboación desde a década dos 30 ata agora:

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: