Jimena de la Frontera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°26′N 5°27′W / 36.433°N 5.45°W / 36.433; -5.45

Jimena de la Frontera
Jimena de la Frontera.svg Escudo de Jimena de la Frontera.svg
Situación xeográfica
Map of Jimena de la Frontera (Cádiz).png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Andalucía
Provincia: Cádiz
Comarca: Campo de Xibraltar
Xeografía
Altitude: 99 msnm
Superficie: 345,66 km²
Poboación
Poboación total: 10.431 hab. (2009)
Densidade de poboación: 30,18 hab./km²
Xentilicio: Jimenato/a
Información
Código postal: 11330, 11339
Alcalde: Pascual Luis Collado Saraiva (PSOE)
Sitio na web: www.jimenadelafrontera.es

Jimena de la Frontera[1] é un concello da provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situada na comarca de Campo de Xibraltar, a 112 km da capital provincial, Cádiz.

O municipio ten catro localidades: Jimena de la Frontera, Los Ángeles ou Estación de Jimena, San Pablo de Buceite e San Martín del Tesorillo. O seu territorio, situado entre a Baía de Algeciras e a Serranía de Ronda, está incluído no Parque Natural dos Alcornocales (corticeiras).

Limita polo norte coas localidades de Cortes de la Frontera e Gaucín (ambas da provincia de Málaga), polo sur con Castellar de la Frontera e San Roque, polo leste coas poboacións de Málaga de Gaucín e Casares, e polo oeste con Alcalá de los Gazules.

Índice

Xeografía [editar]

Jimena de la Frontera sitúase na zona oriental da provincia, no interior da comarca do Campo de Xibraltar, na estrada San Roque-Ronda. Áchase veciña á provincia de Málaga, sendo o límite efectivo da provincia de Cádiz con esta. A súa localización entre a Serranía de Ronda e a Baía de Algeciras conserva unha dos paraxes de bosque mediterráneo máis importantes do sur de Europa: o Parque Natural das Corticeiras.

O territorio de Jimena está situado ao norte do Campo de Xibraltar, polo que as súas terras non tocan o mar, co que se comunica a través do río Guadarranque, que nace no sueste do concello. Outro río que transcorre polo municipio é o río Guadiaro, e o río Hozgarganta, que xunto a numerosos afluentes de escaso caudal configuran a rede hidrolóxica do municipio.

Jimena desde o castelo.

Xeolóxicamente pertence ao denominado complexo do Campo de Xibraltar. Estes terreos, compostos de arxilas e arenitas do Cretácico e Mioceno Inferior, foron depositados en ambientes oceánicos e postoceánicos e dobrados, levantados e trasladados durante o período cuaternario na oroxenia alpina.

Case as dúas terceiras partes do seu termo municipal pertence ao "Parque Natural Los Alcornocales" de orografía cha e clima benigno. A zona sueste, fóra do parque, está formada por un conxunto de curutos de onde saen as augas que orixinan os regos que se unirán ao Guadarranque.

Demografía [editar]

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística, referidos ao 1 de xaneiro de 2009[2], contaba con 10.431 habitantes. A súa extensión superficial é de 347 km² e ten unha densidade de 29,88 hab/km². Evolución de la población desde 1900.

Política [editar]

O alcalde de Jimena de la Frontera é Pascual Collado Saraiva, do PSOE, que obtivo a maioría nas eleccións municipais de 2007. Reempraza a Ildefonso Gómez Ramos, do mesmo partido político.

Eleccións municipais
Anos Partidos políticos % Votos Concelleiros

2007

PSOE

PA

PP

49,48%

19,71%

19,23%

2772

1104

1077

7

3

3

2003

PSOE

PA

PP

51,15%

31,6%

16,03%

2687

1660

842

7

4

2

1999

PSOE

PA

PP

IU

57,98%

19,77%

12,53%

8,78%

2965

1011

641

449

8

3

1

1

1995

PSOE

PAP

PP

IU

PA

60,40%

14,57%

12,18%

11,20%

0,42%

3019

728

609

560

21

9

2

1

1

0


Persoeiros do lugar [editar]

  • Diego Bautista Prieto, poeta.
  • Diego Prieto Bueno, naturópata.
  • Miguel Angel Trillo Huertas, fotógrafo.
  • José Riquelme Sánchez, escritor.
  • Juan Lobillo Corbacho, pintor.

Notas [editar]

  1. A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina.
  2. Instituto Nacional de Estadística, Cifras de poboación referidas ao 01/01/2009 Real Decreto 1918/2009, de 11 de decembro

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: