Sylvester Stallone
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sylvester Stallone, nado o 6 de xullo de 1946 en Nova York, é un actor e diretor de cinema estadounidense de orixe italiana.
Índice |
[editar] Traxectoria
Foi bautizado coma Michael Sylvester Enzino Stallone aínda que é coñecido familiarmente coma "Sly"; é descendente de emigrantes italianos que vivían en Hell's Kitchen "A Cociña do Inferno" (un dos moitos barrios perigosos de New York). Debido a un accidente no seu parto, xa que naceu por "Forceps", provocáronlle a parálise dun nervio facial.
Estudou en Philadelphia onde se interesou polo mundo da interpretación, a pesar de que tivo problemas na escola e foi expulsado de varios centros. Tamén en Philadelphia destacou coma atleta de fútbol.
Máis tarde estudou nun colexio americano en Genève (Suíza), pero en pouco tempo volveu a Estados Unidos a estudar arte dramática, na universidade de arte dramática de Miami en 1967 onde cursou dous anos, no cales empezou a escribir guións.
A principios dos 70, para se pagar as clases de arte dramática, traballou como actor nunha película pornográfica chamada The Party at Kitty and Stud's aínda que tivo un cameo en Bananas de Woody Allen facendo de delincuente nas esceas do metro.
[editar] Rocky: O salto ao estrelato
Stallone escribiu o guión e protagonizou da saga do boxeador de orixe italiana Rocky Balboa. Con Rocky (1976), primeira película da saga. Con este filme, co cal gañou o Oscar á Mellor Película, Stallone conseguiría ser nomeado ao Oscar nas categorías de Mellor Actor e Mellor Guión.
Desta película seguirían máis secuelas, recentemente estreouse a sexta, Rocky Balboa (2006), e derradeira película da saga que foi moi ben acollida polo público. Ao longo da súa carreira cinematografica seguiu explotando o arquetipo de tipo duro protagonizando numerosas peliculas de acción con algunhas incursións na comedia. A destacar dúas comedias de corte policíaco: Tango e Cash e Demolition Man.
[editar] Rambo: Segue o éxito
Stallone logo protagonizaría outro dos seus máis importantes filmes: Acurralado (1982), na que o soldado John J. Rambo lanzou a Stallone máis arriba que calquera outro actor da época. Deste filme salirían outras tres secuelas con moi boa acollida polo público.
[editar] Filmografía
|
|
|
|