Rexións de Francia
Francia está secundariamente dividida en 26 rexións, das que 22 se atopan na Francia metropolitana e 4 son rexións de alén mar. Porén a división realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións. A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.
As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais. Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.
Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.
Lista das rexións de Francia [editar]
- As 22 rexións da Francia metropolitana son :
-
1. Alsacia
2. Aquitania
3. Auvernia
4. Baixa Normandía
5. Borgoña
6. Bretaña
7. Centro
8. Champaña Ardenas
9. Córsega
10. Franco Condado
11. Alta Normandía12. Illa de Francia
13. Languedoc-Rosellón
14. Lemosín
15. Lorena
16. Mediodía-Pireneos
17. Norte-Paso de Calais
18. País do Loira
19. Picardía
20. Poitou-Charentes
21. Provenza-Alpes-Costa Azul
22. Ródano-Alpes
- As catro rexións de alén mar (que ao mesmo tempo son cadanseu departamento de alén mar) son:
|
||||||||
